"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moverse en zigzag igual ca unha cobra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cabeza’ e ‘testa’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas da familia das brasicáceas ao que pertencen as coclearias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
caracol.
-
-
Relativo ou pertencente á cóclea.
-
-
Disposto en hélice como a cuncha dun caracol.
-
Aplícase á prefloración imbricada nos casos en que hai unha peza externa e unha non adxacente interna, e, ademais, as outras son internas por un lado e externas polo outro.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta do xénero Cochlearia de ata 35 cm de altura, da familia das brasicáceas, de follas ovadas e carnosas, pecioladas as basais, con flores brancas e froitos en silicuas de ata 7 mm. En medios húmidos do litoral galego están as especies C. aestuaria, tamén coñecida como herba das culleres, e C. danica. A especie C. officinalis ten propiedades diuréticas, estomacais e, sobre todo, antiescorbúticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de culler.
-
PERSOEIRO
Escritor, debuxante e realizador cinematográfico francés. A súa obra comezou co impulso do futurismo e do cubismo, como en Potomac (1914) e Les mariées de la Tour Eiffel (Os noivos da Torre Eiffel, 1921), para evolucionar cara a unha mestura de vangardismo e academicismo. Cultivou diversos xéneros e da súa produción destacan, entre outras obras, Le secret professionnel (O segredo profesional, 1922), Les enfants terribles (Os nenos terribles, 1929), La voix humaine (A voz humana, 1930) e Les parents terribles (Os pais terribles, 1938). Escribiu o argumento do ballet Parade que, con música de Satie, decorados e vestiario de Picasso, coreografía de Massine e presentación de Apollinaire, foi estreado en París en 1917 pola compañía de ballets rusos de Diaghilev e considerado unha renovación no ballet moderno. Posteriormente, realizou os ballets Le Dieu bleu (O Deus azul, 1911) e Le jeune homme et la mort (O home...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romanés. Defendeu tendencias nacionalistas de carácter cristián e antisemita. En 1927 fundou a Lexión do Arcanxo Miguel, núcleo orixinario da fascista Garda de Ferro (1931). Foi condenado a 10 anos de reclusión e morreu asasinado durante un traslado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cofar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Licor de procedencia francesa elaborado con codia de laranxa verde e aromatizado con azar. Seco, alcohólico (40°), moi aromático e de sabor característico, é o máis famoso dos triple sec, denominación usada en Francia para determinados licores alcohólicos. Empezou a producirse con esta denominación en 1849. Consómese só, con xeo ou en diferentes combinados, en especial naqueles nos que se utilizan froitas. Tamén se emprega na elaboración dalgunhas especialidades reposteiras.
-
PERSOEIRO
Estadista francés, ministro de Luís XIV. Mazzarino recomendouno ao rei e, en oito anos (1661-1669), acumulou nas súas mans a administración central de Francia: foi nomeado intendente de Facenda (1661), controlador xeral (1665), ministro da Mariña (1668), secretario da Casa do Rei e ministro de Estado (1669). Iniciador dunha verdadeira política económica en Francia, favoreceu a reconstrución do comercio e da industria segundo os principios do mercantilismo, con tarifas proteccionistas e control gobernativo da industria e do comercio. Gracias á súa iniciativa, creáronse varias compañías comerciais monopolistas que lle deron un novo pulo á creación de bases coloniais francesas. Foi un mecenas das artes e das letras, e participou na creación das grandes institucións culturais da Francia moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Emulsión semisólida composta de cera branca, esperma de balea, aceite de améndoas, auga de rosas e un antiséptico para evitar a súa descomposición. Empregouse como base das cremas de tipo oleoso ou graxento que actúan como limpadoras da cute, pero substituíuse por outros tipos de cremas obtidas con bases sintéticas.
-
-
Mover un animal a cola ou o rabo.
-
Moverse de xeito sinuoso unha serpe ou outro animal.
-
Moverse dunha forma sinuosa para avanzar evitando obstáculos. Ex: O dianteiro coleou a toda a defensa antes de marcar un fermoso gol.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soster no colo un neno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación da obra de diversos autores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación do plano ou do espazo que cambia puntos en puntos, rectas en rectas e planos en planos, que conserva a colinealidade de puntos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado con outros nunha mesma liña recta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de colineal.