cointreau*
cointreau*
s
m
[ALIM]
Licor de procedencia francesa elaborado con codia de laranxa verde e aromatizado con azar. Seco, alcohólico (40°), moi aromático e de sabor característico, é o máis famoso dos triple sec, denominación usada en Francia para determinados licores alcohólicos. Empezou a producirse con esta denominación en 1849. Consómese só, con xeo ou en diferentes combinados, en especial naqueles nos que se utilizan froitas. Tamén se emprega na elaboración dalgunhas especialidades reposteiras.