"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Músico árabe. Foi protexido dos califas de Bagdad e autor dunha recolla dunhas 100 cancións, das que destaca o Kitāb al-Aganī de Abū-l-Farā Palatino; ǧ ‘Alī al-Isfahānī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, fillo de Ibrāhīm al-Maw Palatino; ṣ ilī. Destacou como cantante, compositor e musicólogo. Provocou a emigración a Magrib do seu discípulo Ziryāb, que tanta influencia tivo no novo desenvolvemento da música andalusí. Foi autor dunha recolla de 100 melodías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • maxil(i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das tres parellas de apéndices torácicos dos crustáceos situadas entre as maxilas e as patas camiñadoras. A súa función consiste en axudar a triturar as substancias alimenticias e facelas pasar cara á boca. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do sobrenome latino, e despois nome, da idade imperial Maximilianus, forma composta á súa vez dos sobrenomes romanos Maximus e Aemilianus (Máximo e Emiliano). Hai quen o considera tamén como o xentilicio de Maximus mediante a disimilación dun Maximinianus. San Maximiliano de Lorch (s III) celébrase o 12 de outubro e san Maximiliano Kolbe (1894-1941) o 14 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe e chanceler alemán. Herdeiro do gran duque Federico II de Baden, seguiu a carreira militar. Foi nomeado chanceler por Guillerme II de Prusia en outubro de 1918 e encargouse de negociar o armisticio trala fin da Primeira Guerra Mundial. Os movementos revolucionarios obrigárono a dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi bispo de Lorch e distribuíu os seus bens entre os pobres. Martirizárono en Estiria (283) durante as persecucións ordenadas por Numeriano. Preséntase como bispo con mitra, báculo e espada. A súa festividade celébrase o 12 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. De familia militar, foi condenado a morte por discutir a divinización do emperador. A súa festividade celébrase o 12 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria, rei dos romanos (1486-1493) e emperador romano-xermánico (1493-1519). O matrimonio con María I de Borgoña (1477) aumentou as súas posesións co Franco Condado, Brabante, Hainaut, Luxemburgo, Holanda, Zelanda, Artois, Flandres e Charolais. Como emperador procurou reforzar a súa autoridade e así en 1495 aprobou a creación dunha cámara de xustiza imperial. Máis tarde, intentou a creación dunha administración común aos seus estados patrimoniais e ao imperio, por medio da chancelería áulica (Hofkammer). Polo Tratado de Noyon (1516) incorporou aos seus estados Trieste, Fiume e unha parte de Friüli. Casou o seu fillo Filipe (futuro Filipe I) con Xoana (futura Xoana I), filla dos Reis Católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque (1597-1623) e elector de Baviera (1623-1651). Organizou a Liga Católica (1609) e derrotou a Federico V do Palatinado (Montaña Branca, 1620), o que lle permitiu anexionar o Palatinado aos seus dominios (1622) e recibir do Emperador Fernando II a dignidade de elector de Baviera (1623).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria e emperador de México (1864-1867), irmán de Francisco Xosé I de Austria. De nome Ferdinand Maximilian Joseph, casou con Carlota de Bélxica (1857). Despois da intervención francesa en México (1862), converteuse en emperador do país, apoiado por Napoleón III e polos conservadores mexicanos. Aínda que a súa política financeira non prosperou, conseguiu restablecer as relacións diplomáticas no exterior, agás con EE UU, que trala Guerra de Secesión presionou os franceses para que abandonasen México. Cando estes se retiraron (1867), Maximiliano permaneceu no poder pero perdeu os apoios internos e ese mesmo ano tivo que renderse ás forzas republicanas en Querétaro, de xeito que B. P. Juárez recuperou o poder. Morreu fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Pavia (1499-1512) e duque de Milán (1512-1515). Recuperou o ducado dos franceses pero fíxose impopular entre os seus súbditos polos impostos e a vida irresponsable que levaba. Despois da Batalla de Marignano (1515) tivo que ceder o seu ducado a Francisco I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe elector desde 1799, primeiro rei de Baviera (1806-1825) e duque de Zweibrucken (1795). Cedeulle a Francia as posesións da beira esquerda do Rin a cambio do recoñecemento por Napoleón Bonaparte do seu título de rei (1806). O Congreso de Viena ratificoulle o seu título ao renunciar aos territorios anexionados durante a súa alianza con Napoleón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia (1562) e de Hungría (1563) e emperador de Alemaña (1564-1576), fillo de Fernando I e de Anna Jagellon. Participou xunto co Emperador Carlos V nas campañas contra Francia (1544) e os protestantes (1547). Foi elixido rei dos romanos en Frankfurt (1562).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Baviera (1679-1726). Despois da morte do seu fillo Xosé Fernando en 1699, designado herdeiro de Carlos II, aliouse con Luís XIV de Francia na Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Desposuído dos seus estados trala Batalla de Blenheim (1704), recobrounos polos tratados de Rastadt (1714) e Baden (1715).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Baviera (1848-1864), fillo de Luís I. Ocupou o trono trala abdicación do seu pai e opúxose á unidade de Alemaña baixo o liderado de Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe elector de Baviera (1745-1777), fillo e sucesor de Carlos Alberte VIII. En 1745 renunciou á coroa imperial polo Tratado de Füssen e, ao morrer sen fillos, desencadeouse a Guerra de Sucesión de Baviera (1777-1779).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano polaco. De nome Raimundo, fundou a Milicia de Inmaculada e as cidades da Inmaculada en Polonia e Xapón. Foi deportado dúas veces durante a Segunda Guerra Mundial, arrestado polos nazis e trasladado a Auschwitz, onde se ofreceu para substituír na pena de morte por fame a un pai de familia. Foi beatificado en 1971 e canonizado en 1982. A súa festividade celébrase o 14 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Philipp Schwarzert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se editou en Ferrol a partir de xaneiro de 1934. De periodicidade trimestral e dirixida por Ricardo Torres Queiruga, foi unha publicación de carácter técnico en que colaboraron oficiais e persoal auxiliar da Armada.

    VER O DETALLE DO TERMO