"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Novelista dos anos escuros de Arxentina, parte da súa obra está marcada polas influencias de Eça de Queirós, Virginia Woolf e Marcel Proust. Iniciou o seu labor literario con libros sobre aspectos históricos, como Glosas castellanas (1936). Ademais das súas traducións de P. Marivaux, Molière, Racine e Shakespeare, publicou Aquí vivieron (1949), Misteriosa Buenos Aires (1951), Los viajeros (1955), Invitados en el Paraíso (1957), Bomarzo (1962), unha das máis recoñecidas en Europa; El unicornio (1965), El laberinto (1974), El gran teatro (1979) e El escarabajo (1982). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1963) e a Legion d’Honneur (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo alemán. As súas primeiras obras crearon unha forte controversia na antiga República Democrática Alemana pola crítica que se facía ao socialismo deste país. Realizou os espectáculos Die Korrektur (A corrección, 1958), Philoktet (1966), Ödipus Tyrann (1967) e Macbeth (1972), en que elabora mitos e obras clásicas para analizar a súa problemática no contexto actual. Escribiu tamén Die Wolokolamsker Chausee I-V (A estrada dos coches, 1984-1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de neuropatía ou neurite periférica en que se ven afectados dous ou máis nervios de zonas diferentes.
-
PERSOEIRO
Pintor informalista. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde coincidiu con Antonio López e Julio López Hernández. Recibiu influencias do expresionismo e do cubismo. En 1955 viaxou a París, onde entrou en contacto coa obra dos informalistas europeos, especialmente de J. Fautrier e J. Dubuffet. En 1962 realizou un mural para o Arantzazuko Santutegia, en Gipuzkoa. Traballou o soporte da pintura en madeira, baleirada e queimada, enchendo de pintura as fisuras e as fendas. A partir de 1960, a súa obra tendeu cara a unha harmonía de formas dinámicas e informalistas, como en Estrutura verde y negra (1961), La ventana (1963) e Crucifixión (1964). A partir de 1980 a súa pintura volveuse máis lírica. Foi autor de dous murais para o edificio da Unión Europea en Bruxelas e do mural La ciudad inacabada (1998), para o edificio da Asamblea de Madrid en Vallecas. Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás muscíneas.
-
Planta do grupo das muscíneas.
-
Grupo de plantas non vasculares que comprende os briófitos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo municipal situado en Ferrol. Ademais das obras do ferrolán Filipe Bello Piñeiro, os seus fondos mostran obras doutros artistas galegos ademais de fotografías antigas e gravados sobre a historia da cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes ciclóstomos, da familia dos mixínidos, formado por animais de aspecto vermiforme e cegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
liñaceiro común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista estadounidense publicada en Washington a partir de outubro de 1888 como voceiro da National Geographic Society, constituída nove meses antes. Baixo a presidencia de Gardiner G. Hubbart, comezou como un diario erudito e sen ilustracións que evolucionou cara á cor e ás reportaxes fotográficas realizadas por fotógrafos de renome internacional. Creada para aumentar e difundir o coñecemento xeográfico e estimular a exploración, inclúe reportaxes de historia, ciencia e conservación do medio. Cunha periodicidade mensual, distribúese en todo o mundo.
-
PERSOEIRO
Pedagoga suíza. Propugnou unha pedagoxía que consistía en proporcionarlle ao alumno a vontade e os medios para acadar a madureza por el mesmo co estímulo do educador. Escribiu L’education progressive ou Étude du cours de la vie (1828-1838), en tres volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Madame de Staël ou Germaine de Staël, estivo casada co barón de Staël-Holstein e creou un destacado salón literario, onde promoveu as ideas neoclásicas e románticas. De ideoloxía reformadora e vagamente progresista, escribiu De l’influence des passions sur le bonheur des individus et des nations (1796), Corinne ou l’Italie (1807), De l’Allemagne (1813) e Considérations sur la Révolution française (1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘caldeira’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das orquidáceas, de follas oblongas, flores rosas e esporón curto, que presentan as pezas do periantio iguais e o labelo trilobado. En Galicia está presente a especie N. maculata.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Hauts-de-Seine, Francia, situada na área metropolitana de París e na ribeira do Sena (58.336 h [1999]). Posúe industria farmacéutica e de perfumaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pastora Mª Pavón Cruz.
-
PERSOEIRO
Debuxante de cómics. As súas tiras caracterízanse por estar cheas de personaxes estraños e deformes, e pola complexidade das súas estruturas. Colaborador nas revistas Fierro, Écho des Savanes e Il Griffo, destacan os seus álbums Crónicas de la Pampa Vasca (1990), Fantagas (1995) e Eko el Mago (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é do niño ou propio del.
-
Que naceu ou foi atopado nun niño.
-
Aplícase á ave que aínda non voa.
-
-
-
Ovo que se deixa no niño para que unha ave vaia poñer alí.
-
niño.
-