Müller, Heiner

Müller, Heiner

Dramaturgo alemán. As súas primeiras obras crearon unha forte controversia na antiga República Democrática Alemana pola crítica que se facía ao socialismo deste país. Realizou os espectáculos Die Korrektur (A corrección, 1958), Philoktet (1966), Ödipus Tyrann (1967) e Macbeth (1972), en que elabora mitos e obras clásicas para analizar a súa problemática no contexto actual. Escribiu tamén Die Wolokolamsker Chausee I-V (A estrada dos coches, 1984-1987).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Eppendorf, Saxonia

  • Deceso

    Lugar : Berlín