"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude individual ou colectiva de oposición constante e continuada a unha determinada política institucionalizada.
-
-
Doutrina ou convicción filosófica segundo a que o mundo é o mellor dos posibles, discorre da mellor maneira posible dentro do que o ser finito se pode permitir, ou é susceptible intrinsecamente dun perfeccionamento progresivo e substancial. Se ben Leibniz é o representante típico dun optimismo extremo, pódese dicir que boa parte dos filósofos manteñen un optimismo de fondo, en contraposición a outras filosofías pesimistas.
-
Disposición do espírito que consiste nunha propensión a ver e a xulgar as cousas baixo o aspecto máis favorable.
-
-
-
Movemento dos partidarios de Guillerme III de Orange-Nassau como rei de Inglaterra, fronte ao seu sogro Xaime II de Inglaterra, na época da Revolución Gloriosa (1688-1699).
-
Partido dos protestantes ingleses, en Irlanda do Norte.
-
Partido belga partidario do principado de Orange.
-
-
-
Movemento relixioso de iniciación que xurdiu en Grecia na época arcaica e que floreceu, particularmente, durante os ss VI e V a C. Afirmaba a orixe e a natureza divinas da alma humana e que esta se atopaba presa no corpo (σῶμα σῆμα). Tamén sostivo que a vida era unha condición impura, da que a alma, a través de sucesivas reencarnacións tiña que liberarse para volver á súa condición divina. Este concepto reflíctese no mito de Dióniso Zagreo, neno divino, fillo de Zeus e de Perséfone, esnaquizado e devorado polos Titáns ou polas Ménades, de cuxas cinzas, fulminadas por Zeus, naceu a humanidade, que leva en si o elemento divino e tamén o pecaminoso elemento titánico.
-
oz que inventou o poeta G. Apollinaire durante unha conferencia que pronunciou en Berlín en 1912 co gallo da exposición que fixo R. Delaunay na galería Der Sturm. O vocábulo expresa o que suxire a pintura construída sen referencia ningunha á figuración, só como unha exaltación da luz e do dinamismo das cores. Por extensión, aplicouse tamén ás obras de F. Kupka, F. Picabia, F. Léger e M. Duchamp que conducen cara á arte abstracta.
-
-
-
Doutrina filosófica oposta ao vitalismo e ao animismo, segundo a que a vida é o resultado da organización. Por unha banda, a vida resulta mecanicamente da organización dos órganos e, por outra, cada órgano dispón, ademais das propiedades vitais que lle son propias, da capacidade de organizarse.
-
Teoría médica que sostén que todas as enfermidades teñen como causa unha lesión orgánica.
-
Teoría sociolóxica que establece unha clara analoxía entre o funcionamento e as leis que rexen a sociedade e as dos seres vivos. Defendérona Herbert Spencer, que non admitía o evolucionismo na sociedade, René Worms, Paul von Lilienfeld ou Albert Schäffle. A influencia deste enfoque diminuíu a finais do s XIX, pero atópanse afinidades en teóricos actuais.
-
Teoría psiquiátrica que defende a existencia de lesións morfolóxicas do sistema nervioso central como base das enfermidades mentais.
-
-
-
-
Entidade biolóxica unicelular ou pluricelular, animal ou vexetal, normalmente capaz de facer un ciclo vital completo, é dicir, nacer, crecer e reproducirse.
-
Conxunto de órganos que funcionan coordinadamente formando un todo individual con vida propia e diferenciado do resto do mundo exterior a el.
-
Corpo humano.
-
-
-
Conxunto de persoas organizado ou constituído dunha maneira conscientemente apta para unha finalidade social.
-
Conxunto de oficinas, dependencias ou empresas que forman un corpo ou unha institución de tipo social ou político.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional da ONU, con sede en Madrid, creada para promover e desenvolver o turismo responsable, sostible e accesible para todos. Pretende estimular o crecemento económico, a creación de emprego e incentivar a protección do medio natural e do patrimonio cultural, amosando especial interese polos países en vías de desenvolvemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afinidade química que presentan certas substancias por algúns órganos ou tecidos do corpo ou certos xermes por algunha parte do corpo.
-
-
Rama de estudos sobre temas de lingua, historia ou arte dos pobos orientais. Comprende os pobos da costa setentrional de África, Exipto, Etiopia, Turquía e todos os pobos asiáticos, desde as costas orientais do Mediterráneo ata Xapón. Divídese en ramas que comprenden grupos máis homoxéneos de materias: semitística, turcoloxía, sinoloxía, xudaísmo e islamoloxía.
-
Afección pola vida e a cultura dos pobos orientais.
-
Calidade ou carácter de oriental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente doutrinal propia dos seguidores de Oríxenes que xurdiu arredor do seu pensamento. Defendía a preexistencia da ánima, a eternidade da creación e o corpo etéreo despois da resurrección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente política que xurdiu en Francia baixo a Restauración e que se aglutinou arredor de Luís Filipe II de Orléans. Baseada nos principios non lexítimos, senón ideolóxicos como o absolutismo ou o apoio ao fin das inxerencias estranxeiras, correspondía aos intereses da burguesía financeira e industrial e amosábase partidaria da restauración monárquica francesa a favor da rama borbónica dos Orléans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conformación do cranio facial na liña do perfil, que é vertical desde a fronte ata o queixo, polo que o individuo ten as mandíbulas pouco saídas cara a adiante. Se ben o ortognatismo perfecto non existe como regra xeral en ningunha raza humana, a branca é a máis ortognata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropismo no que a planta ou o órgano se orienta segundo a dirección do estímulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imitación das poesías de Ossián ou admiración por elas.
-
-
Xuízo e veredicto do pobo na antiga Atenas e nas cidades que imitaban a súa constitución, que consistía en apartar ou afastar do poder político durante un período de dez anos os cidadáns con ambición desmesurada ou que posuían unha acumulación de poder e de riquezas excesiva. Na asemblea popular, os participantes escribían sobre fragmentos de arxila ou óstraka o nome da persoa que tiña que sufrilo e depositábanos á hora da votación.
-
Afastamento forzado ou voluntario de alguén das súas funcións públicas, ocasionado principalmente por un trastorno político.
-
Situación de illamento social en que se some unha persoa de xeito voluntario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de ovíparo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tese proposta principalmente por Malpighi e Swammerdam (s XVII) que, baseada nas teorías do preformacionismo, identifica o óvulo co xerme e reduce o papel do espermatozoide a unha simple función estimuladora do óvulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de reprodución dos ovovivíparos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina e movemento partidario da supresión da guerra como medio de resolver os conflitos internacionais. A súa orixe remóntase ao s XIX, coa creación de sociedades para a paz en Nova York (1815), Londres (1816), París (1821) e Xenebra (1830). A finais do s XIX o movemento pacifista recibiu un novo e definitivo impulso ao incorporarse as súas tendencias ao ideario dos partidos socialistas e das organizacións obreiras. Como consecuencia creouse a Oficina Internacional da Paz en Berna (1892).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Norma ou concepto moral e xurídico, xurdido co feudalismo, que regulaba as relacións entre as dúas partes que establecían o pacto feudal. Entendíase non só como a imposición dunha parte sobre a outra, senón como un compromiso entre dúas partes libres, baseado no respecto mutuo. Converteuse na base das relacións da monarquía aragonesa cos seus súbditos. A chegada ao poder dos Trastámara (1412) supuxo o reforzamento do espírito pactista catalán pero coa unión de Castela e Aragón empeorou esta situación e finalmente foi reducido.