"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Abriu o seu estudo en Harlem (Nova York), onde traballou entre 1914 e 1968 fotografando o barrio neoiorquino como a capital cultural da América negra. As súas imaxes, cheas de romanticismo, retrataron familias de cor e artistas do barrio. Recibiu o ASMP (1969) e o Living Legacy (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Loitou na Guerra de Marrocos. Ascendeu a xeneral de brigada (1935), promoveu a participación dos carlistas contra a República e alzouse en Cádiz, cidade que ocupou (1936), así como Toledo. Foi ministro do exército (1939-1942), tenente xeneral (1941) e alto comisario de España en Marrocos (1945-51). En 1951 Franco concedeulle postumamente o título de marqués de Varela de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Doutor en Filoloxía Románica e catedrático de Literatura Española na Universidad Complutense de Madrid, foi director da Casa-Museo de Zorrilla, secretario xeral e profesor do Instituto de España en Múnic, e vicepresidente do Instituto Cervantes. Colaborou en diversas publicacións, como Grial, Papeles de Son Armadans e Revista de Filología Española con artigos en que analiza o romanticismo e a súa influencia na literatura e o compromiso dos autores do Rexurdimento na literatura galega. Da súa obra destacan Vida y obra literaria de Gregorio Romero Larrañaga (1948), Poesía y restauración cultural de Galicia (1958), La transformación literaria (1970), La transfiguración literaria (1970), Larra y España (1983) e Tradición e innovación en Cunqueiro (1991). Foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Miguel de Unamuno (1979), coa Gran Cruz del Mérito Civil (1982) e coa Medalla de Galicia (1991). É membro correspondente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e etnólogo portugués. Doutorado (1901) pola Universidade de París, foi profesor de ensino superior (1911) cando o Curso Superior de Letras se transformou en Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Fundou (1887) e dirixiu a Revista Lusitania e fundou (1895) O archeologo português, órgano do Museu Etnológico. Destacan as obras Tradições populares de Portugal (1882), Enquisse d’une dialectologie portugaise (1901), Livro de Esopo (1906), Lições de Filologia Portuguesa (1911), Antroponímia Portuguesa (1928) e Etnografia Portuguesa (1932-1942), e os traballos sobre o mirandés O Dialecto Mirandez (1882) e Estudos de Filologia Mirandesa (1900-1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Licenciado en Teoloxía Sistémica, estudou cinematografía e radiodifusión en Madrid. Foi director do Instituto Teolóxico Lucense e do Secretariado Diocesano de Medios de Comunicación Social, secretario do bispo de Lugo e responsable do Centro de Teoloxía para Segrares (1986-1990). Colaborou en varios xonais e dirixiu diversos programas relixiosos en RNE e COPE, e foi responsable de programación relixiosa en Radio Popular en Lugo. Membro do Instituto Enmanuel Mounier, publicou La solidaridad de Dios ante el sufrimiento humano: en la teología española contemporánea (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Especializado en elementos da natureza e paisaxes e aldeas de Galicia, en 1993 comezou un traballo de documentación dos Parques Naturais de Galicia. Publicou Positivado en Blanco y Negro (1985) e Las Rocas del Tiempo (1994), en que compara as rochas traballadas polo home megalítico con aquelas que sufriron a acción da natureza ao longo do tempo, e participou na obra colectiva Galicia, Terra Nai (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Iniciou a súa formación artística no Círculo das Artes de Lugo. En Madrid realizou os estudos de arquitectura técnica e foi profesor de debuxo (1966-1970). A súa obra evolucionou desde o realismo conceptual cara ao onirismo expresionista ata chegar a unha abstracción de formas insinuantes monocromas. Cultivou o gravado, a escenografía, a música, o cine e realizou en 1983 un gran mural por encargo do concello de Madrid (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Perito agrícola de profesión, en 1969 ingresou no Servizo de Extensión Agraria. Foi un dos integrantes da Comisión dos 16, encargada da elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia, e da comisión mixta de Transferencias Xunta de Galicia--Estado. Foi deputado no Parlamento europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Profesor da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e médico do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, especializouse en medicina interna e no aparato dixestivo. Foi presidente da Asociación Española de Endoscopia Digestiva, da Sociedad Española de Patología Digestiva e membro da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Licenciado en Dereito, foi maxistrado na Audiencia Provincial de Pontevedra e presidente da Audiencia Provincial de Salamanca (1985-1990). Presidiu o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990-1999) e foi maxistrado emérito do Tribunal Supremo (2001-2002). En 2002 converteuse en valedor do pobo de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prehistoriador. Doutor en Historia e catedrático de Prehistoria e Etnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, invetigou temas etnográficos e etnoarqueolóxicos, e as culturas prehistóricas do NO peninsular. Membro fundador do Grupo Galego de Traballo do Cuaternario e do Museo do Pobo Galego, pertence ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do SEG e do Grupo de Estudos Prehistóricos Padre Carballo. Confundador de Gallaecia, das súas numerosas obras destacan Os petroglifos de Galicia (1979), La cerámica campaniforme en Galicia (1982), Antepasados, guerreros y visiones: análisis antropológico del arte prehistórico en Galicia (1995), Etnoarqueología: conocer el pasado por medio del presente (2000) e Prehistoria de Galicia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito, ingresou no corpo de inspectores de traballo en 1974. Integrouse no PSOE e en UGT en 1975 e no Congreso Constituínte do PSOE en Galicia (1977) foi elixido secretario xeral, cargo que ocupou en tres ocasións. Candidato á presidencia da Xunta de Galicia en 1981, foi deputado no Congreso (1977-2000) e senador pola Coruña desde 2000. Alcalde da Coruña (1983-2006), presidiu a Federación Española de Municipios y Provincias (1991-1995 e 2003-2006) e foi membro do Comité de Rexións da UE (1991-1995 e 2003). Foi nomeado embaixador na Cidade do Vaticano en 2006. Recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica e foi nomeado cabaleiro da Orde do Imperio Británico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Vilaseco, realizou cadros costumistas, moitos deles doados ao Museo Municipal de Rodeiro. Fundador e expresidente da Asociación Artístico-Cultural de Pontevedra, foi cofundador e directivo da revista Contrastes. Cabaleiro da Real e Militar Orde de San Hermenexildo e da Serenísima Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago, recibiu a Medalla de Bronce de Galicia (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Cóengo (1649) e fabriqueiro (1658) da catedral de Santiago de Compostela, foi o impulsor do Barroco nesta cidade. Redactou o Informe sobre la construción de varias obras en la catedral de Santiago de Compostela. Converteuse no mestre de obras da catedral e realizou as trazas que executaron Bernardo Cabrera, Peña de Toro e Domingo de Andrade, ademais da súa participación no tabernáculo do Apóstolo Santiago (1658-1678). Tamén foron proxectos seus a transformación exterior da cabeceira e a edificación do pórtico da Quintana. Por problemas co cabido abandonou a cidade en 1672.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político ecuatoriano. Foi presidente da república en cinco ocasións (1934, 1944, 1953, 1960 e 1968), pero non puido cumprir o seu mandato máis ca entre 1952 e 1956, pois nos outros catro mandatos foi derrocado polos militares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Foi profesor de La Sorbonne e director de estudos de filoloxía céltica na École des Hautes Études. Das súas obras destacan Traité de grammaire comparée des langues classiques (1924), en colaboración con A. Meillet; Traité d’accentuation grecque, (1945); Choix d’études linguistiques et celtiques (1952); e Le langage. Introdution linguistique à l’histoire (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Liberado da retórica romántica, iniciou a poesía contemporánea portuguesa coa lírica de Baudelaire. A súa obra foi publicada en 1887 co título de O Livro de Cesário Verde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Misioneiro belga. Coñecido como san Damián de Molokai, en 1863 ingresou na Congregación do Sagrado Corazón de Xesús e na de María. Ordenouse sacerdote e, desde 1873, marchou á illa de Molokai, onde consagrou a súa vida ao coidado dos leprosos. En 1994 o Papa Xoán Paulo II beatificouno. A súa festividade celébrase o 15 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Evolucionou desde o informalismo cara ao surrealismo e á abstracción. O seu lirismo mesturou compoñentes mitolóxicos, oníricos e populares. Estivo moi influído pola pintura brasileira, especialmente no que respecta ao emprego de cores cálidas e puras e á carga de exotismo que manifestou nalgunhas pinturas con ambientes tumultuosos, que transluciron un fondo de denuncia social. Destacan En Rosa (1975) ou a serie Crucificados (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo. Foi secretario da Axencia Europea para a Cultura e conselleiro da UNESCO en París, ademais de director xeral de Educación, Ciencia e Cultura do Consello de Europa (1985-1991). Publicou España a debate (1993) e La ventana global. Ciberespacio, esfera pública mundial y universo mediático (2002).
VER O DETALLE DO TERMO