Varela Iglesias, José Luis
Escritor. Doutor en Filoloxía Románica e catedrático de Literatura Española na Universidad Complutense de Madrid, foi director da Casa-Museo de Zorrilla, secretario xeral e profesor do Instituto de España en Múnic, e vicepresidente do Instituto Cervantes. Colaborou en diversas publicacións, como Grial, Papeles de Son Armadans e Revista de Filología Española con artigos en que analiza o romanticismo e a súa influencia na literatura e o compromiso dos autores do Rexurdimento na literatura galega. Da súa obra destacan Vida y obra literaria de Gregorio Romero Larrañaga (1948), Poesía y restauración cultural de Galicia (1958), La transformación literaria (1970), La transfiguración literaria (1970), Larra y España (1983) e Tradición e innovación en Cunqueiro (1991). Foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Miguel de Unamuno (1979), coa Gran Cruz del Mérito Civil (1982) e coa Medalla de Galicia (1991). É membro correspondente da Real Academia Galega, da Real Academia de la Historia e da Real Academia Española de la Lengua.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense