"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • PERSOEIRO

    Político, irmán de Nicolás Salmerón Alonso. Militante do Partido Progresista, participou na Revolución de 1848 e na de 1854. Deputado en 1854 e en 1869, sostivo a candidatura de Espartero como rexente e despois apoiou a Amadeo I de España para ocupar o trono. Durante a Primeira República Española foi ministro de Ultramar (1873) e presidiu o Congreso (1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Dirixente do Partido Democrático, foi ministro de Graza e Xustiza no goberno republicano de E. Figueras i de Moragas (1873). Presidente do Consello de Ministros (1873), formou un goberno conservador que provocou a extensión da Insurrección Cantonalista. Negouse a firmar algunhas penas de morte e dimitiu (1873). Ao producirse a Restauración, exiliouse a París, onde colaborou na fundación do Partido Republicano Progresista de M. Ruiz Zorrilla. Volveu a Madrid (1884) e fundou o Partido Republicano Centrista (1887), de tendencias antifederais. Tentou o reagrupamento do republicanismo español con alianzas electorais como a Unión Republicana de 1903, que presidiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Compañeiro de Santo Ignacio de Loyola na Sorbonne, foi un dos integrantes do grupo co que se formou a Compañía de Xesús. Ensinou Sagrada Escritura en Roma (1538), doutorouse en Teoloxía en Boloña (1549) e foi profesor nos colexios dos xesuítas de Ingolstadt (1549-1550) e Nápoles (1558-1575) onde, como provincial (1558-1575), estendeu a nova orde naquel reino. Os seus comentarios teolóxico-patrísticos do Novo Testamento foron publicados en once volumes en Madrid (1598-1601) e en sete en Colonia (1602 -1604).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado ao O da serra de Guadarrama e regado polo Eresma (5.093 h [2001]). A economía baséase na agricultura e na gandaría, ademais das industrias derivadas. Destaca como centro de veraneo. Alí tiveron lugar os sucesos de La Granja (1832) e o Motín de la Granja (1836). Destaca o Real Sitio de La Granja de San Ildefonso, construído por orde de Filipe V entre 1721 e 1739. O conxunto histórico da vila foi declarado BIC en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratados asinados entre España e a República Francesa en 1796 e 1801. Polo primeiro, España entrou en guerra contra Inglaterra. Polo segundo, España entregou aos franceses Louisiana a cambio da Toscana. Estableceu, ademais, a cooperación militar de Carlos IV nas empresas napoleónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en Flandres con Antonio Moro e foi pintor de cámara de Filipe II (1560). Os seus retratos áulicos seguen o esquema compositivo do seu mestre e mostran unha gran cromática e unha pincelada solta. Cultivou tamén a pintura relixiosa. Destacan Isabel de Valois, El príncipe don Carlos, Ana de Austria e Los desposorios místicos de santa Catalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Formado nos estudios de Amador (1895) e de M. Company (1897), destacou pola súa capacidade para conseguir imaxes insólitas. Como retratista abriu un estudo (1910) onde inmortalizou literatos, pensadores, políticos ou toureiros, pero tamén a vida cotiá de Madrid e os feitos que marcaron a historia do país como o asasinato de Canalejas (1912), o voo do “Plus Ultra” (1930) ou a proclamación da República (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director de La Región. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, en Dereito pola Universidad de Madrid, e titulado en Socioloxía polo Instituto León XIII, traballou na Agencia EFE e foi conselleiro delegado do grupo Rías Baixas Comunicación, editora de Atlántico Diario. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da comisión de prensa do Consello da Cultura Galega. Recibiu o Premio Diego Bernal de xornalismo (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Doutor pola Universidad de Madrid, exerceu en Montevideo. Inspirou a constitución do Comité Pro Ejército Español despois da Desfeita de Annual (1921). Escribiu El concepto moderno de la úlcera del duodeno (1910) e La Universidad de Compostela y otros problemas gallegos (1931). Presidiu o Centro Gallego de Montevideo desde 1925. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o título de comendador da Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Comezou na fotografía da man do seu pai, Alfonso Sánchez García. Publicou os primeiros traballos en El Heraldo e acadou recoñecemento coa primeira fotografía de ‘Abd al--Karīm na Guerra de Marrocos (1922). Inmortalizou escenas da Guerra Civil como a Batalla de Teruel ou o sitio de Madrid, ademais das campañas en África. Membro da Real Academia de Bellas Artes (1989), a súa obra, e a do seu pai, constitúe o Archivo Alfonso, adquirido polo Estado (1992) e formado por máis de cen mil imaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no sector esquerdo do Anoia (1.758 [2001]). Ten agricultura de secaño, gandaría e pequenas industrias dedicadas á elaboración de viño e cava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo. Expedicionario das costas suramericanas, traballou na confección de mapas na Casa de Contratación de Sevilla, onde foi mestre de astronomía e cosmografía. Escribiu El libro de las longitudes (1551) e Islario general del mundo (1560).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Alonso Sanches, en 1540 viaxou a Portugal, onde o seu avó servía ao Rei Xoán III. Este enviouno a Flandres recomendado ao pintor Mor van Dashorst. Ao seu regreso traballou como pintor de cámara en Valladolid, Toledo e Madrid. Destacaron os seus retratos (Príncipe Carlos, Isabel de Valois, Emperador Rodolfo II, Duque de Alba), inscritos no contexto manierista de aspecto aristocratizante. Cultivou tamén o xénero relixioso (Martirio de San Sebastián e Desposorios místicos de santa Catalina).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e mestre. Director do Centro de Educación Especial “Marqués de Vallejo” (1981-1989), foi membro fundador da Asociación Promotora del Deficiente Mental Adulto de La Rioja. Militante do PP, como membro do goberno rexional de La Rioja ocupou o posto de director xeral de Benestar Social (1989), o secretariado xeral (1990-1993) e a presidencia, desde 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Enrique e Xosé Sarabia González. Participou na Guerra de Cuba (1898) e ao seu regreso a Vigo (1907) iniciuse na fotografía de man do seu cuñado Xosé Gil Gil. En 1909 creou, xunto co seu irmán Enrique, un laboratorio de fotografía e adicouse principalmente á fotografía de exteriores. Desde a década de 1920 asinaron as fotografías co selo “Foto Sarabia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático e crítico teatral. Partindo do realismo, tentou realizar unha renovación do teatro, como reflicte en Anatomía del realismo (1965) e Revolución y crítica de la cultura (1970). Da súa produción destacan Cargamento de sueños (1949), un drama experimental de frustración; La mordaza (1954), de denuncia e cambio social; Crónicas romanas (1968), El camarada oscuro (1979), La taberna fantástica (1985), Historia de una muñeca abandonada (1989) e Historias de California (1996), estas últimas caracterizadas polo seu carácter narrativo e revolucionario, a confusión da realidade e a fición, e unha forte capacidade irónica. Recibiu o Premio Nacional de Teatro (1986 e 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Savoia e marqués de Saluzzo. Pasou ao servizo de Austria e obtivo a vitoria de Zenta, que lles permitiu aos austríacos impoñerse a Polonia e Hungría. Tras a Paz de Rastatt (1714) comandou unha expedición contra os turcos, sobre os que tamén se impuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Monxe de San Paolo Fuori le Mura, onde cambiou o seu nome de Alfredo polo de Ildefonso e converteuse en abade (1918). Arcebispo de Milán e cardeal (1929), foi intermediario das negociacións de rendición entre Mussolini e o comité de liberación da Alta Italia (1945). En 1996 foi declarado beato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou en Italia e Mallorca, onde pintou, con Pere Terrencs, a táboa de San Sebastián (1488). Fixo retablos en Montenegro de Cameros e nos Balbases, e colaborou no retablo maior da catedral de Burgos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición internacional de rugby que se disputa desde 1910 entre as seleccións de Escocia, Gales, Irlanda, Inglaterra e Francia, polo sistema de liga a unha soa volta, co nome de Torneo das Cinco Nacións. En 1999 incorporouse Italia e adoptou o nome definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO