Seis Nacións, Torneo das
Seis Nacións, Torneo das
[DEP]
Competición internacional de rugby que se disputa desde 1910 entre as seleccións de Escocia, Gales, Irlanda, Inglaterra e Francia, polo sistema de liga a unha soa volta, co nome de Torneo das Cinco Nacións. En 1999 incorporouse Italia e adoptou o nome definitivo.