Seis, grupo dos
Seis, grupo dos
Grupo integrado polos compositores D. Milhaud, A. Honegger, F. Poulenc, G. Auric, L. Durey e G. Tailleferre. Caracterizáronse pola súa oposición á estética de Wagner e Debussy e por unha reticencia teórica ante calquera sistematización. Xuntáronse ao redor de 1918 e fixeron seu o manifesto de Jean Cocteau Le coq et l’Arlequin. Inspirados por E. Satie, incorporaron ás súas obras un aire de café concerto, de music-hall e elementos do jazz e do fox-trot.