"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • tetraodontiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos plectomicetos.

    2. Fungo da subclase dos plectomicetos.

    3. Subclase de fungos ascomicetos, constituída por micromicetos saprófitos ou parasitos de plantas, caracterizados pola presenza de ascos unitunicados, ascocarpos pechados e sen himenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Puga ou trianguliño de almafí, corno, pau, etc, con que se tanxen algúns instrumentos de corda (cítara, mandolina, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves paseriformes, da familia dos frinxílidos, de pequeno tamaño, coa plumaxe de cor branca con manchas negras e pardas. En Galicia está presente a especie Plectrophenax nivalis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das sete fillas de Atlas e de Pléione concibidas en Arcadia: Alciona, Astérope, Celeno, Electra, Maia, Mérope e Taíxete. Segundo unha das versións do mito, o cazador Orión namorouse de todas e seguiunas por un espazo de cinco anos, ata que se transformaron en pombas, primeiro, e máis tarde en estrelas, xunto co cazador e o seu can. OBS: Adoitan escribirse en maiúscula.

      1. Grupo de persoas ilustres dedicadas á poesía ou á filosofía. O termo designou o grupo de sete eruditos gregos do s VII a C, tamén chamados sete sabios de Grecia. Tamén se aplicou ao cenáculo de poetas que xurdiu en Alexandría, no s III a C, dos que destacaban Apolonio de Rodas, Calímaco, Filisco e Teócrito.

      2. Grupo de persoas ilustres ou famosas que aparecen ou se reúnen ao mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que tomou a escola poética francesa de mediados do s XVI, agrupada ao redor de P. de Ronsard e integrada por Jean-Antoine de Baïf, Joachim du Bellay, Pontus de Thyard, G. des Autels, Étienne Jodelle, J. de la Péruse, quen, á súa morte, foi substituído por Rémy Belleau, e Jacques Pelletier du Mans. Clasicistas e preocupados pola elaboración de composicións eruditas e refinadas, uníaos un forte desexo de renovación da poesía francesa ante a escola de Marot e as propostas de Thomas Sibilet. Plasmaron os seus principios no manifesto Défense et Illustration de la langue française (1549), que asinou o teórico do grupo J. du Bellay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cúmulo aberto da constelación de Tauro, designado no catálogo Messier como M 45. Contén 150 estrelas coñecidas. A distancia media á que se localizan as estrelas é de 350 anos-luz. O cúmulo das Pléiades está mergullado nunha nebulosa que foi observada por primeira vez por L. Swift en 1874.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintura realizada ao aire libre. Utilizouse sobre todo durante o s XIX a partir do impresionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nai das Pléiades, filla de Océano e Tetis e esposa de Atlante. Orión namorouse dela e perseguiuna, xunto coas súas fillas. Foi transformada en estrela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de preitear.

    2. Litixio ou contenda entre dúas partes.

    3. Procedemento contencioso, civil ou criminal, entre dúas partes litigantes. Presentada a demanda, solicítase a tutela do tribunal fronte ao demandado. Despois de examinar as alegacións e as probas, e de facer un resumo oral ou escrito delas, o tribunal dita sentenza, contra a que se pode presentar recurso.

    4. Preitos presentados desde 1508 polos descendentes de Cristovo Colón á coroa castelá en que esixían a confirmación das concesións acordadas nas Capitulaciones de Santa Fe (1492) e outros privilexios acordados en 1492, 1493 e 1497. O preito principal desenvolveuse ata 1536, cando se lle concedeu a Luís Colón o título de almirante con carácter hereditario, entre outros privilexios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico marxista ruso. Iniciou a súa actividade no populismo en 1875. Deportado a Siberia, conseguiu fuxir e estableceuse en Xenebra ata 1917. Marxista convencido, defendeu a necesidade de organizar un poderoso partido obreiro baixo a dirección socialista como preparación para a futura revolución. En 1917 proclamou a continuación da guerra contra o invasor, o que o illou do triunfo da Revolución de Outubro, á que se opuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está completo, especialmente referido a unha reunión á que asisten todas as persoas que teñen dereito.

    2. Parte do proceso criminal que segue o sumario ata a sentenza, durante a que se expoñen os cargos e as defensas en forma contraditoria. OBS: Tamén se denomina xuízo oral.

    3. Remisión total das penas temporais polos pecados cometidos, que outorga a Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘cheo’ ou ‘pleno’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao plenilunio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lúa na fase chea, en que se pode ver toda a súa circuferencia. OBS: Tamén se denomina lúa chea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pleno poder que confire un xefe de estado a alguén. Preséntase ao comezar a exercer unha misión diplomática e habilita os diplomáticos a acreditar a súa capacidade xurídica, para contratar e obrigar en nome do propio estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa revestida dos máis amplos poderes dun xefe de estado para levar a cabo a súa misión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de pleno.

    2. Momento ou situación de apoxeo de algo ou alguén.

    3. Fase anterior aos tempos finais, segundo a concepción bíblica do tempo, en que o Novo Testamento sitúa a encarnación do Fillo de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, situado na costa cantábrica, na ría homónima (3.643 h [2001]). Centro turístico, a súa economía baséase na pesca e na gandaría. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa María Magdalena.

      1. Que está cheo de algo ata onde permite a súa capacidade.

      2. Que está no momento central ou máis álxido da súa evolución.

      3. Que non ten ningunha restrición.

      4. forma plena

        Forma máis longa dunha palabra que, na mesma lingua, posúe outra forma máis breve, ou reducida (

      1. Aplícase ao escudo que como campo presenta un esmaltado simple e non leva nin pezas nin figuras.

      2. Aplícase á cruz e ao sautor na súa forma ordinaria, cando é peza e non moble.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, situado na costa cantábrica, na ría homónima (3.643 h [2001]). Centro turístico, a súa economía baséase na pesca e na gandaría. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa María Magdalena.

    VER O DETALLE DO TERMO