plenario -ria
plenario -ria
(< lat plenarĭu)
-
adx
Que está completo, especialmente referido a unha reunión á que asisten todas as persoas que teñen dereito.
Ex: O acordo foi tomado por maioría nunha asemblea plenaria.
-
s
m
[DER]
Parte do proceso criminal que segue o sumario ata a sentenza, durante a que se expoñen os cargos e as defensas en forma contraditoria. OBS: Tamén se denomina xuízo oral.
-
indulxencia plenaria
[RELIX]
Remisión total das penas temporais polos pecados cometidos, que outorga a Igrexa.