"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • o Memorable (Odense 1082 - Ribe 1137) Rei de Dinamarca (1134-1137), fillo ilexítimo de Eric I. Accedeu ao trono trala morte do seu irmán Canuto e trala vitoria de Fodeving (1134) sobre o seu primo Magnus o Forte. O seu reinado caracterizouse polas loitas labregas nas que el mesmo morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Cordeiro (? 1100 - Odense 27.8.1146) Rei de Dinamarca (1137-1146). Loitou contra o seu primo Olavo, quen se proclamara rei de Escania. Concedeulle numerosos privilexios á Igrexa dinamarquesa. En 1146 abdicou e retirouse ao mosteiro de Odense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1241-1250), fillo de Valdemar II o Victorioso. De nome Eric Plovpenning, enfrontouse ao seu irmán Abel, duque de Schleswig, nunha guerra civil que provocou un aumento dos impostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Vesgo (? 1249? - Finderup, Xutlandia 1286) Rei de Dinamarca (1259-1286), fillo do Rei Cristovo I e de Margarida de Pomerania. De nome Eric Klipping, reuniu en 1282 unha dieta na que se elaborou unha carta que limitaba o poder da monarquía. En 1285 enfrontouse ao seu curmán Eric, duque de Schleswig. Foi un rei déspota e só á fin do seu reinado realizou algunhas reformas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1286-1319), fillo de Eric V e de Agnes de Brandemburgo. De nome Erik Menved, enfrontouse co clero e apresou en 1294 ao arcebispo Jens Grand. Durante o seu reinado enfrontouse aos noruegueses, aos que lles cedeu o Halland setentrional, e aos suecos. En 1309 asinou en Copenhaguen a paz con Noruega e Suecia. Despois de derrotar os nobres dirixidos por Valdemar IV de Schleswig, ocupou algunhas vilas alemanas. Desde 1313 sucedéronse as revoltas campesiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Pomerano (? 1382? - Rügenwalde, Pomerania 3.5. 1459) Rei de Dinamarca (1412-1439), de Suecia (Eric XIII, 1396-1439) e de Noruega (Eric III, 1389-1442), fillo do duque Bratislavo VII de Pomerania e sobriño neto da Raíña Margarida I de Dinamarca. Nomeado sucesor da raíña de Dinamarca, foi elixido rei de Noruega en 1389, de Suecia en 1396 e coroado rei dos tres países na Dieta de Kalmar (17.6.1397). Non obstante , non exerceu como rei de Dinamarca ata a morte da súa tía no 1412. Converteu Copenhaguen na capital de Dinamarca e loitou contra a Liga Hanseática e os condes de Holstein (1417-1435). O seu goberno autocrático provocou a súa destitución como rei de Suecia e Dinamarca no 1439, e de Noruega en 1442. En 1449 retirouse a Pomerania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Erill, barón de Orcau e de Rubinet. Conselleiro real de Filipe III, foi capitán xeneral (1617-1623) de Sardeña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa de Barcelona, muller de Ramón Borrell. Axudou o seu home na reconstrución do país tralas campañas de Almanzor e acompañouno nalgunhas expedicións militares. Ao quedar viúva (1017), gobernou como titora durante a minoría do seu fillo Berenguer Ramón I. Trala morte do seu fillo (1035), volveu gobernar como titora do seu neto Ramón Berenguer I o Vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rir ás gargalladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer cárcavas as correntes de auga de chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da coiraza ou armadura que cubría a coxa e se suxeitaba ao peto.

    2. Bolsa de coiro ou de roupa que se leva pendurada do van para levar diñeiro ou outras cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparar confeitos de xeito que o azucre cristalice no exterior. Tamén se fai para preparar combinados e refrescos, untando o bordo da copa ou vaso con zume de limón e azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • escarcavear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de arquitectura pertencente á Universidade Politécnica de Catalunya dende 1971. Ademais dos estudios de arquitectura inclúe os de paisaxismo e deseño. Ten a súa orixe nos estudios establecidos na Llotja (1817-1850) e na Escola de Mestres de Obras (1850-1869). En 1869 fundouse a Escola Politécnica Provincial que comprendía unha escola de arquitectura, que en 1874 pasou a formar parte da Universidade e en 1875 denominouse Escola Superior de Arquitectura. Facilitou a aparición do modernismo aínda que a súa orientación foi moi académica e recibiu críticas de A. Gaudí e do GATPAC. O seu clasicismo conformou o novecentismo e o monumentalismo da posguerra, e nos anos sesenta tentou introducir a arquitectura do movemento moderno. Formáronse nela algúns arquitectos galegos como X. M. Bartolomé Argüelles, X. M. Casabella e X. Estévez Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xefe dun centro de ensino de filosofía na Antigüidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo ou dignidade do escolarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal esfolado ou desplumado que se esmalta sempre de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián alemán. Médico e conselleiro da corte de Prusia, as súas contribucións máis importantes afectaron ao campo da cirurxía de urxencia. Inventou unha venda elástica que, ao envolver unha extremidade, suprime a circulación e permite facer unha intervención cirúrxica sen perda de sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. Acadou a cátedra de Lingua e Literatura Galega en 1992. Colaboradora da Mesa pola Normalización Lingüística desde a súa fundación (1986), foi a súa tesoureira e no 1992 pasou a formar parte da Comisión de Garantías da Mesa. Entre 1990 e 2001 formou parte do Seminario Permanente de Lingua de COU para as Probas de Acceso Universitario (PAU). Traduciu os textos teatrais do grupo RaraAvis Teatro de Santiago de Compostela (1999, 2001 e 2002) e tamén escribiu para as revistas Andaina e Raiola. Publicou en colaboración varios libros de texto e outras obras, entre as que destaca a súa colaboración na tradución de Contos baseados no teatro de Shakespeare (1988), Aprender palabras e significados. A léxico-semántica. Aproximación ao seu ensino-aprendizaxe (1990, coautoría con Helena Sánchez Rodríguez), Actividades de Construción Gramatical (1990, colaboración) e 1410 nomes galegos de home e de muller (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Doutor en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca, foi profesor de humanidades no Seminario e profesor de dereito canónigo na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como cóengo, chanceler e vicario do arcebispado de Santiago. Colaborou en revistas e xornais e recolleu os seus traballos en Cronistas Oficiales de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO