Espiño Amil, Mercedes
Profesora. Acadou a cátedra de Lingua e Literatura Galega en 1992. Colaboradora da Mesa pola Normalización Lingüística desde a súa fundación (1986), foi a súa tesoureira e no 1992 pasou a formar parte da Comisión de Garantías da Mesa. Entre 1990 e 2001 formou parte do Seminario Permanente de Lingua de COU para as Probas de Acceso Universitario (PAU). Traduciu os textos teatrais do grupo RaraAvis Teatro de Santiago de Compostela (1999, 2001 e 2002) e tamén escribiu para as revistas Andaina e Raiola. Publicou en colaboración varios libros de texto e outras obras, entre as que destaca a súa colaboración na tradución de Contos baseados no teatro de Shakespeare (1988), Aprender palabras e significados. A léxico-semántica. Aproximación ao seu ensino-aprendizaxe (1990, coautoría con Helena Sánchez Rodríguez), Actividades de Construción Gramatical (1990, colaboración) e 1410 nomes galegos de home e de muller (1993).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra