"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Xurista e político italiano. Foi primeiro ministro (1917-1919) e retirouse da vida pública durante o fascismo, pero volveu en 1944 e foi senador. Das súas obras xurídicas destacan Principî di diritto costituzionale (1889) e Principî di diritto amministrativo (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do italiano, e este á súa vez do francés Roland por métatese da primeira sílaba. A Igrexa rende culto a un san Orlando mártir, e a súa festividade celébrase o 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adornar algo cunha orla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Francia centrada en Orléans, que comprende aproximadamente os departamentos de Loiret, Loir-et-Cher, Eure-et-Loir e parte de Essonne, Yvelines, Val-d’Oise, Yonne e Nièvre. A proximidade de París inflúe moito nas actividades dos núcleos principais, Orléans, Chartres e Blois. Está formada por diversas comarcas naturais: Sologne ao S, gandeira; Beauce ao N, área de cultivo intensivo de cereais; Perche ao O, e Gîtinais e Puisaye ao L, de paisaxe de bocage e actividade agropecuaria diversificada. Das industrias modernas destacan as mecánicas, as dos automóbiles e as electrónicas; e das tradicionais as da la, a confección, o curtido da pel e a pequena metalurxia de transformación. Antigamente correspondía á diocese do mesmo nome. Dominio real desde o reinado de Hugo I de Francia (987-996), só estivo temporalmente segregada das propiedades da coroa como patrimonio anexo do título ducal de Orléans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente política que xurdiu en Francia baixo a Restauración e que se aglutinou arredor de Luís Filipe II de Orléans. Baseada nos principios non lexítimos, senón ideolóxicos como o absolutismo ou o apoio ao fin das inxerencias estranxeiras, correspondía aos intereses da burguesía financeira e industrial e amosábase partidaria da restauración monárquica francesa a favor da rama borbónica dos Orléans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao orleanismo.

    2. Partidario do orleanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Loiret, Francia, ao SSO de París (113.126 h [1999]). Situada nas beiras do Loire, é un centro comercial e industrial, favorecido pola súa situación na antiga ruta París-España, Tours e Bordeos, e pola descentralización das áreas industriais da aglomeración parisiense. Antiga Cenabum, vila comercial dos carnutos, rebelouse contra César en 52 a C. Clodoveo, despois de conquistala (498), reuniu alí o primeiro dos concilios da Igrexa de Galia. Foi capital do Reino de Orléans, creado en 511 polo Rei Clodoveo I e polo seu fillo Clodomiro, e durou ata 613; os normandos devastárona e no s X pasou aos Capetos. Sostivo o condado de Armaguac e resistiu os ataques dos ingleses ata que foi liberada (1429) por Xoana de Arco. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de Saint- Pierre-le-Pueiller, románica, Saint-Euverte (ss XIII, XV e XVII), Saint-Aignan (s XV), con cripta do s XI; Notre-Dame-de-Recouvrance, iniciada en 1513 en estilo renacentista; e a catedral gótica da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio francés segregado da coroa real e erixido en 1344 sobre o antigo condado carolinxio de Orléans (posesión dos Robertinos ou Capetos do s X) polo Rei Filipe VI de Francia para o seu fillo Filipe I de Orléans , morto sen descendencia en 1375. Despois de volver a mans da coroa francesa, o Rei Carlos VI concedeullo ao seu irmán Luís de Francia ( Luís de Orléans ) en 1392. O seu sucesor, Carlos de Orléans , foi pai de Luís XII de Francia ( Luís II de Orléans ). Segregado unha vez máis da coroa en 1626, foi outorgado por Luís XIII de Francia ao seu irmán Gastón de Francia ( Gastón I de Orléans ). En 1660 Luís XIV de Francia concedeullo ao seu irmán Filipe II de Orléans (pai de María Luísa de Orléans e de Filipe III de Orléans e avó de Luís III de Orléans e de Luísa Isabel de Orléans ). O seu tataraneto foi ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou como retratista na corte de Margarida de Austria e de María de Hungría. Recibiu a influencia dos coloristas do Renacemento italiano e do estilo de Rafael, Dürer e Miguel Anxo. Xunto á pintura, desenvolveu outras actividades artísticas, como o deseño de tapices e vidreiras. Pintou Xuízo Final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Colaborou, entre outras numerosas publicacións, en Mercure de France, e dirixiu La Nervie. Tivo un papel importante entre os simbolistas, e defendeu a arte pola arte. Das súas obras destacan Hubert Ponscarme (1907), Évolution de la medaille au XIXe siècle (1907), Métabolisme (1921), L’evasión spirituelle (1921) e Véronèse (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Naturalizada francesa, coñeceu a G. Apollinaire e os cubistas, e na súa obra tratou a figura humana con estilizacións segundo o espírito cubista. A súa escultura é de formas alongadas e elegantes, e destacan L’homme à la pipe (1924), Mon fils-marin (1927) e La danseuse (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de filamentos e fibras sintéticas que están formadas por longas cadeas de poliacrilonitrilo. O nome provén da marca comercial Orlon, da firma Du Pont de Nemours and Company, en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raza de cabalos de sela obtida polo conde Aleksej G. Orlov (1777), que se caracterizan por ser excelentes trotadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estadista. Participou nas Guerras Napoleónicas, en contra da insurrección dos decabristas en 1825, na Guerra Ruso-turca (1828-1829) e na campaña en contra da revolución polaca (1831). Home de confianza de Nicolao I de Rusia, participou nas deliberacións do Tratado de París (1856), final da Guerra de Crimea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou no golpe de estado que instaurou a Catarina II de Rusia (1762) e foi recompensado co título condal. O seu irmán Grigorij Grigorjevi č Orlov (1734-1783) foi favorito da tsarina e converteuse nun dos terratenentes máis grandes de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Formouse culturalmente grazas ás súas viaxes por Europa, ata que se instalou sucesivamente en Ibiza, Madrid e Vigo. Foi colaborador das revistas Bonaval e Coordenadas, onde publicou algúns dos seus poemas, como “Golosá” ou “Alicia”. Estableceu relacións co movemento beat e participou na revista desta tendencia, Poetry. A súa poesía caracterízase polo rexeitamento das formas tradicionais e un achegamento á expresión automática, onde abundan as imaxes case imposibles e místicas. Da súa produción destacan os libros poéticos Elenkar (1976), Cabalum (1980), Poesía (1994), Cuando se habla de ti (1998) e En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bispo da diocese de Oviedo e de Ourense, e cóengo da catedral de Santander. Presidiu a Fundación Cescan e dirixiu o centro asociado do Instituto Internacional de Teología a Distancia e do Instituto Superior de Ciencias Religiosas. Escribiu os artigos “Palabras dende a cruz” (1999) e “El Lugar y el papel de los laicos en la iglesia y la sociedad del siglo XXI” (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e pacifista alemán. Denunciou os xefes da Reichswehr, que organizaban en segredo o rearmamento. Foi acusado de traizón e A. Hitler fíxoo encerrar no campo de concentración de Papenburg (1933), onde foi vexado e torturado. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Escribiu ensaios sobre literatura, e a súa poesía estivo influída, nun primeiro momento, polos simbolistas franceses, aínda que despois pasou a ter un maior realismo. Da súa obra destacan Facklor i stormen (Fachos na tempestade, 1913), Idylernas bok (Libro dos idilios, 1917), Livets värde (O valor da vida, 1940) e Vàrens löv och höstens (Follas da primavera e o outono, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi conselleiro de Economía (1983) e conselleiro maior do Consello de Contas (1991-2000). Dirixiu o Colexio Universitario de Vigo e a Universidad del Atlántico. Escribiu En torno a la teoría del desarrollo económico. (Desarrollo económico italiano) (1963), Una investigación sobre la influencia de la economía en el derecho (1966), Estudios de economía gallega (1984) e Clásicos del pensamiento económico y financiero. Reflexiones sobre las corrientes tradicionales del pensamiento económico (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO