"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recurso que se emprega habitualmente en pinturas de corte decorativista, que consiste en forzar o efectismo pictórico ata o extremo de simular a aparencia real ou corpórea das cousas, frecuentemente con intención de facer o efecto de que resalten.
-
-
-
Instrumento aerófono de embocadura semiesférica e de metal que consiste nun tubo longo curvado dúas veces, de sección cilíndrica en dúas terceiras partes e cónica no pavillón. Hai dúas modalidades: a simple, que só dá a serie de harmónicos do son fundamental, como a corneta militar; e a cromática ou de pistóns inventada por Blühmel e Stölzel ao inicio do s XIX.
-
trompetista.
-
-
Fungo cartilaxinoso que presenta sombreiro con forma de embude, cor escura e marxe irregular, e pé longo e oco. En Galicia pódese atopar a finais de outono ou a principios de inverno en piñerais dunares e tamén do interior. É lixeiramente aromático e comestible.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe mariño teleósteo, de ata 20 cm de lonxitude, que presenta corpo comprimido, boca terminal pequena, fociño tubular longo e ollos grandes. Ten dúas aletas dorsais, coa segunda espiña da primeira aleta moi longa e serrada e non presenta escamas. É rosado ou avermellado no dorso e nos costados. Aliméntase de invertebrados e habita nos fondos mariños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca a trompeta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoguete de madeira de buxo que se fai bailar a través dun cordel. A súa forma torneada representa unha figura cónica, ventruda na parte superior e cun pequeno saínte no centro, chamado segorella; na parte inferior leva unha púa de ferro, que recibe o nome de ferrete. O sistema de xogo máis común é o de círculo. Debúxase unha circunferencia no chan e cada un dos xogadores, logo de enroscar fortemente o cordel chamado piola, tira de punta a buxaina alí onde esta baila máis ou menos tempo; se deixa de moverse dentro, debe quedar para que os demais tiren contra ela, ou ben pode pór outra vella no sitio. A clave para entrar no xogo é a seguinte pregunta: “pódese tirar?”, e respóndese: “ata escachar”. Os xogadores que a fan bailar mellor e que a conseguen tirar o máis axiña posible da circunferencia para que non a golpeen, son os que acadan máis vantaxe no xogo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fylke de Noruega (25.984 km2; 151.700 h [2001]). A súa capital é Tromsø.
-
CAPITAIS
Capital do fylke de Troms, Noruega, situado na illa homónima (60.086 h [2001]). Está situada ao N do país, diante da illa de Kvaløy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Malformación do feto que presenta extremidades inferiores reunidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
al amplo e pouco profundo ao pé dun inlandsis que canaliza correntes de augas posglaciais, típica da chaira central europea.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya, ao L da capital provincial (1.545h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción adecuada para as carreiras de bicicletas. Está formada por unha pista elíptica, xeralmente dun perímetro de 400, 333 ou 250 m, coas curvas peraltadas e o chan de cemento, asfalto ou madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise unilateral dos pares craneais IX, X e XI que se caracteriza por transtornos da deglución e da fonación, abolición dos reflexos náuseos e parálise do trapecio e do esternocleidomastoideo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que mide as características das vibracións, como a velocidade ou a amplitude.
-
XACEMENTOS
Xacemento situado na punta de Toralla, entre as praias do Vao e Canido, fronte á illa de Toralla na parroquia de Oia (Vigo). A punta de Toralla foi cedida a comezos do s XX ao empresario catalán Tomás Mirambell Maristany, que iniciou as escavacións a finais da década de 1920. En 1992 o concello de Vigo recuperou a súa propiedade e desde entón realizáronse novas intervencións arqueolóxicas e o posterior inicio dun proxecto museístico. Trátase dunha vila romana, rural e marítima, datada na época baixoimperial e tardorromana (ss III-IV).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Biólogo e fotógrafo ruso. Establecido en Berlín (1920), especializouse en endocrinoloxía e fotoxornalismo, retratando as comunidades xudías nos guetos (1933-1939). Fuxido a EE UU pola persecución nazi (1941), naturalizouse (1946) e estableceu un estudo fotográfico. Interesado pola microfotografía, foi pioneiro no uso de técnicas para a fotografía en cor de microorganismos vivos. Filmou a serie Living Biology (1961-1964) e publicou Polish Jews (1947) e Building Blocks of Life (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Instalouse en Pasadena en 1894 e comezou a fotografar os pobos nativos da zona, sobre todo os hopi (1895-1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade linfoproliferativa de células linfoplasmocitoides secretoras de inmunoglobulina. OBS: Tamén se denomina macrogobulemia de Waldenström.
-
CIDADES
Cidade do condado metropolitano de West Midlands, Inglaterra, Reino Unido (154.531 h [estim 1992]). É un centro mineiro e industrial ao NO de Birmingham.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
síndrome de Aldrich.