trompeta

trompeta

(< dim de trompa)

  1. [MÚS]
    1. s f

      Instrumento aerófono de embocadura semiesférica e de metal que consiste nun tubo longo curvado dúas veces, de sección cilíndrica en dúas terceiras partes e cónica no pavillón. Hai dúas modalidades: a simple, que só dá a serie de harmónicos do son fundamental, como a corneta militar; e a cromática ou de pistóns inventada por Blühmel e Stölzel ao inicio do s XIX.

    2. s

      trompetista.

  2. s f [FUNGO]

    Fungo cartilaxinoso que presenta sombreiro con forma de embude, cor escura e marxe irregular, e pé longo e oco. En Galicia pódese atopar a finais de outono ou a principios de inverno en piñerais dunares e tamén do interior. É lixeiramente aromático e comestible.

Palabras veciñas

trompada | trompazo | trompe-l’oeil* | trompeta | trompeteiro | trompetista | Troms