"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Osijek 4.2.1815 - -Dakovo 8.4.1905) Eclesiástico croata. Bispo de -Dakovo (1849) e promotor do rexurdimento croata, fundou a Universidade de Zagreb. No Concilio Vaticano I (1869-1870) amosouse contrario á infalibilidade pontificia.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Comezou na fotografía (1908) da man de C. White, quen o introduciu na Photo Secession (1912). Influído por Stieglitz, seguiu o pictorialismo nos seus traballos, en que empregou lentes da súa creación (Struss Pitorial lens). Abriu o seu estudo (1917) e traballou para Vanity Fair, Vogue ou Harper‘s Bazaar. Despois da Primeira Guerra Mundial reorientou a súa carreira cara ao cine, onde foi director de fotografía de Ben Hur (1926), The Great Ditator (1940) ou Limelight (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. Profesor de xeoloxía e paleontoloxía na Universidade de Viena e presidente da Academy of Sciences de Austria (1898-1911), das súas obras destacan Die Entstehung der Alpen (A formación dos Alpes, 1875) e Das Antlitz der Erde (A cara da Terra, 1833-1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Coñecido como Hans von Kulmbach, foi discípulo de A. Dürer. Bo colorista e retratista, pintou numerosos retablos como os de L. Tucher, en Sankt Sebaldus de Nuremberg (1513) e os de Santa Catarina (1514) e San Xoán (1516), na Kósciól Mariaki de Cracovia.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Reino da Inglaterra anglosaxoa fundado, segundo a tradición, por Aelli (477), logo de derrotar os britanos. No s IX foi sometido polos reis de Wessex.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título creado no s XI, que tivo como primeiro titular coñecido a Roger de Montgomery (?-1094), nomeado conde en 1067. Non obstante, a creación formal do condado tivo lugar en 1141 a favor de William de Aubigny (?-1176). Pasou á coroa e esta cedeuno en diversas ocasións ata que se extinguiu coa morte de Arturo de Inglaterra, décimo noveno conde (1942).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade suíza de transportes constituída en 2002, como unha transformación de Swissair e a partir da rexional Crossair. Cobre liñas de longa, media e curta distancia entre 60 países diferentes.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Florida, EE UU, situada no extremo superior da península de Florida, á beira da fronteira con Georgia (150.624 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tamenghest.
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Cultivador do xénero dos minnesänger, a súa vida viuse envolta en lendas, que nalgún caso foi recollida por escritores románticos como Arnin, Tieck, Grimm e Heine, ata chegar a R. Wagner, quen xuntou outra lenda que identificou a Tannhäuser co minnesäger Enric d’ Ofterdingen, e introduciu a figura de Elisabet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e político italiano, marqués de Azeglio. A obra máis destacada é a súa biografía I miei ricordi, iniciada en 1863 e escrita coa intención de educar politicamente ao pobo italiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade situada no litoral meridional da Península Ibérica ao redor dos ss VI-V a C, e que enlazan coas referencias da Biblia no país de Tarsis. Descuberta polos gregos no 630 a C e destruída por Cartago cara ao 500 a C, Tartesos podería estar situado no baixo Guadalquivir. A tradición literaria preséntao como un país de estrutura monárquica, e cunha alta civilización. A arqueoloxía, ademais, ofreceu novos datos sobre a súa cultura, como a utilización de cerámicas de verniz vermello de tradición fenicia e unha ourivaría de ouro moi rica. Os turdetanos, coñecidos en época da conquista romana foron os descendentes de Tartesos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso dos Alpes Orientais situado ao NL de Italia, na provincia de Udine, preto de Tarvisio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telegrafnoje Agentstvo Sovetskogo Sojuza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano de area cunha fronte moi acusada característica do N e S do Sáhara. A súa superficie atópase máis ou menos erosionada pola auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano do deserto de Sáhara, ao NL de Ahaggar, coñecido polas súas pinturas rupestres prehistóricas.
-
PERSOEIRO
Paleógrafo. É autor, con C. F. Toustain, do Nouveau traité de diplomatique (1750-1765), recollido en seis volumes; e de Histoire littéraire da congrégation de Saint-Maur (1770).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, conde de Vilamediana. Amigo e defensor de Góngora, destaca pola súa sátira punzante e pola delicadeza dos seus sonetos líricos. O estilo gongorino é máis evidente nos poemas maiores, como Fábula de Faetón, Apolo y Dafne e Venus y Adonis, e a comedia La gloria de Niquea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano, pai de Torcuato Tasso. A súa obra capital é Amadigi (1560), poema épico novelesco en cen cantos e en oitavas, derivado do Amadís castelán, en que exalta o amor honesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano, fillo de Bernardo Tasso. As súas poesías, recollidas en Rime, constitúen unha obra aberta. Aminta (1573) é un drama pastoral coñecido na Península Ibérica grazas á tradución de J. de Jáuregui (1607). A súa obra capital é La Gerusalemme liberata (1579), poema épico en 20 cantos e en oitavas, escrito entre 1570 e 1575. Máis tarde, entre 1587 e 1592, realizou unha refundición titulada La Gerusalemme conquistada (1593), que deu máis importancia á acción da conquista de Xerusalén. Das súas obras menores destacan o seu epistolario e os escritos teóricos relacionados con cuestións de poética e de estética, o poema cabaleiresco Rinaldo (1562); e 26 Dialoghi, Il re Torrismondo (1586) e Le sette giornate del mondo creato (1592-1594).
VER O DETALLE DO TERMO