Sussex, condado de
Sussex, condado de
Título creado no s XI, que tivo como primeiro titular coñecido a Roger de Montgomery (?-1094), nomeado conde en 1067. Non obstante, a creación formal do condado tivo lugar en 1141 a favor de William de Aubigny (?-1176). Pasou á coroa e esta cedeuno en diversas ocasións ata que se extinguiu coa morte de Arturo de Inglaterra, décimo noveno conde (1942).