sustentación

sustentación

(< latsustentatĭōne)

  1. s f

    Acción de sustentar.

  2. s f [AERON]

    Forza que mantén no aire as aerodinas e que é o compoñente vertical das forzas aerodinámicas que se producen polo aire na ala dun avión ou no rotor dun helicóptero, que ten como compoñente horizontal a resistencia ao avance. O coeficiente de sustentación dunha aerodina calcúlase a partir da forza de sustentación, a masa específica do aire e a velocidade do aparato.

  3. s f [FÍS]

    Forza que mantén en equilibrio un corpo ou un sistema material que está situado dentro dun fluído.

Palabras veciñas

Sussex | Sussex, condado de | sustancia | sustentación | sustentáculo | sustentador -ra | sustentar