"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei mítico da Magnesia (Tesalia), fillo de Helén e da ninfa Orseis. Antepasado dos eolios, deulle nome á terra en que vivían, Eolia, na costa oeste de Anatolia. Casou con Enáreta, filla de Deímaco, coa que enxendrou unha abondosa prole. A tráxica historia de amor vivida entre dous dos seus fillos, Cánace e Macareo, inspirou a traxedia de Eurípides, Eolo, que se perdeu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Señor dos Ventos, fillo de Posidón. Cando Ulises arribou á illa de Eolia, acolleuno con hospitalidade e, ao marchar, deulle un odre, onde gardaba todos os ventos adversos, agás un que debía impulsar as velas do barco ata levalo a Ítaca. Mentres Ulises dormía, os seus compañeiros, á procura de viño e ouro, abriron o odre e desencadearon unha tormenta que acabou por devolvelos a Eolia. Este feito fíxolle crer a Eolo que os deuses perseguían a Ulises e, xa que logo, negoulle a axuda que precisaba para proseguir a viaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos psitácidos, ao que pertence o galah.
-
-
Período indefinido de tempo que non se pode contar.
-
División cronolóxica da historia da Terra de primeira orde. Os eóns son tres: o Arqueozoico, iniciado hai 4.550 millóns de anos e rematado hai 2.500, durante o que se formou e consolidou o planeta e cando apareceron as primeiras formas de vida (bacterias filamentosas construtoras de estromatólitos); o Proterozoico, iniciado hai 2.500 millóns de anos e rematado hai 570, durante o que apareceron as células nucleadas e a reprodución sexual; e o Fanerozoico, que comprende dende hai 570 millóns de anos ata a actualidade.
-
Seres eternos que participan da natureza da divindade e, segundo os gnósticos, serven de mediadores entre esta e o mundo sensible.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Charles de Beaumont.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade cronostratigráfica, maior ca a eratema, que equivale xeocronoloxicamente a un eón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos frinxílidos, ao que pertence a especie E. personata. Mide 23 cm e ten unha cor xeral parda clara; a parte anterior da cabeza e as alas son negras, con manchas azuis na parte anterior destas, e a cola e as franxas das ás brancas. O peteiro é moi groso e dunha cor amarela viva. Aliméntase principalmente de piñóns e sementes. Cría no N de China e Xapón, países nos que inverna, e no SL de Siberia.
-
-
Relativo ou pertencente aos eopsáltridos.
-
Ave da familia dos eopsáltridos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, que oscila entre os 14 e 18 cm de lonxitude; as máis das especies teñen a cabeza e o lombo escuros, e os machos caracterízanse por ter o peito vivamente coloreado de vermello ou amarelo. Son de hábitos insectívoros e buscan as súas presas principalmente no chan. Abrangue 34 especies distribuídas por Australia e Asia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personificación da Aurora. Filla de Hiperión e Tía, pertence á primeira xeración divina, a dos titáns. Con Astreo enxendrou os ventos, Céfiro, Boreas e Noto, así como a estrela da mañá (Eósforo) e os astros. Represéntase como unha deusa que, cos seus dedos rosados, lle abre cada mañá as portas do ceo ao carro do Sol.
-
PERSOEIRO
Arquitecto sueco. Traballou para o elector de Brandenburgo, para Carlos XII de Suecia e para o elector de Saxonia. Realizou o seu labor, entre outros, no palacio de Charlottenburgo e no palacio real de Berlín.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante acídico, do grupo do trifenilmetano. Obtense por nitración da 4’,5’-dibromofluoresceína. Forma agullas vermellas insolubles na auga. Emprégase para tinguir de cor rosa o algodón, a la e a seda, tamén se utiliza na impresión de carteis, na fabricación de tinturas vermellas e en histoloxía para colorar epitelios, núcleos, fibras musculares e outras preparacións histolóxicas. Denomínase tamén eosina I ou eosina azul. Hai un tipo distinto de eosina, a eosina amarela, que ten os dous grupos nitro substituídos por dous átomos de bromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia no sangue dun exceso de leucocitos eosinófilos, cando é maior ao 5% ou cando o número absoluto de eosinófilos no sangue é superior a 600 por mm3. Unha eosinofilia moderada dáse nas enfermidades alérxicas, en enfermidades da pel, nas parasitoses intestinais, en enfermidades autoinmunes, entre outras. Na triquinose, na ascariase, na síndrome hipereosinofílica e na leucemia por eosinófilos prodúcense eosinofilias moi importantes.
-
-
Relativo ou pertencente á eosinofilia.
-
Termo xenérico que se emprega para indicar un conxunto de procesos morbosos, causados pola acumulación excesiva de eosinófilos en diversos órganos, que cursan, ademais, con eosinofilia.
-
-
-
Que ten unha grande afinidade pola eosina.
-
ariedade de leucocito polinuclear que presenta granulacións citoplasmáticas grosas, que se tinguen con colorantes ácidos como a eosina. Entre as súas funcións destacan a regulación da resposta alérxica e a produción de enzimas capaces de destruír parasitos. Constitúen entre o 1 e o 4% dos leucocitos, aínda que este número pode aumentar en certos estados patolóxicos como a triquinose, a asma bronquial ou a leucemia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deficiencia anormal de leucocitos eosinófilos no sangue periférico, que se produce cando a súa concentración é inferior a 35 por mm3.
-
-
Relativo ou pertencente aos eosuquios.
-
Réptil da orde dos eosuquios.
-
Orde de réptiles, da subclase dos diápsidos, caracterizados por ser lagartos con dentes no padal. Existiron dende finais da Era Primaria ata o comezo da Secundaria. Pertence a esta orde o xénero Thadeosaurus.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e político húngaro, barón de Eötvös. Interveu no compromiso constitucional austro-húngaro (1867) e foi ministro de Instrución Pública en 1867, cargo dende o que estableceu o ensino primario. Escribiu relatos curtos e novelas como A karthausi (O cartuxo, 1841).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo en desuso que comprendía o período precámbrico ou só unha parte. Propúxoo Dawson en 1878.
-
-
Relativo ou pertencente a Epicuro ou ao epicureísmo.
-
Que ou quen é partidario do epicureísmo.
-
Que ou quen se entrega aos praceres da vida, evitando a dor e buscando o pracer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego, fillo de Xápeto e de Clímene. Pertence á tribo dos titáns e ten por irmáns a Atlante, Menecio e Prometeo. Zeus ofreceulle a Pandora e, coa aceptación desta relación, orixinou todas as desgracias da humanidade; coa ela enxendrou a Pirra, que casaría con Deucalión.