"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide que se obtén das sementes e do bulbo do cólquico, de toxicidade non moi elevada. Dificulta a división nuclear pero non a dos cromosomas, polo que orixina na célula unha tendencia a dar elementos poliploides. Utilízase na busca de novos poliploides vexetais, na curación da gota e no tratamento de certas formas de cancro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herbácea bulbosa do xénero Colchicum, da familia das liliáceas, que acada os 20 cm de lonxitude. Presenta flores que nacen directamente do bulbo, con 6 pétalos de extremo rosado soldados entre eles formando un perianto tubular de cor branca, con anteras moito máis curtas ca os seus filamentos e que manteñen o ovario baixo a superficie no momento da floración. En terreos incultos e pedregosos da metade oriental de Galicia está presente a especie C. lusitanum. Das sementes e do bulbo da especie C. autumnale obtense colquicina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión de Asia Menor situada no litoral do Mar Negro e ao sur do Cáucaso. Habitada polos carios dende o s X a C, estes explotaron os xacementos de ferro e ouro. As cidades máis destacadas eran a capital Cyta, Rodhopolis e Zadris. A posterior colonización grega estableceu nas súas costas os centros comerciais de Phasis e Dioscuras. Conquistada por Pompeio, pasou a mans dos romanos no 66 a C e recibiu o estatuto de provincia romana do Emperador Traxano. A mitoloxía grega sitúa nesta rexión o episodio do vélaro de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo do Estado francés creado en 1945 para canalizar a busca fundamental e aplicada da enerxía nuclear. Dispón de diversos centros de estudios nucleares (Fontenay-aux-Roses, Saclay, Grenoble e Cadarache) e xerou algunhas sociedades filiais, de estatuto privado, para as actividades economicamente rendibles.
-
ENTRADA LARGA
Área natural do extremo occidental da Península do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia, ao N, e de Arousa, ao S. A enseada sedimentaria de Corrubedo é un amplo entrante delimitado por acantilados baixos de orixe granítica e, cara ao interior, por unha serie de pequenas elevacións que non superan os 300 m de altitude. Constitúe un singular sistema de praia-barreira composto por un grande areal de máis de 4 km de lonxitude, cun extenso campo dunar asociado (que pecha no seu interior a pequena lagoa de Carregal) e unha área de marismas sucada por numerosas canles que conflúen nunha bocana central que desaloxa as súas augas no océano. A periodicidade das mareas permite que durante a preamar circulen pola bocana as augas mariñas que asolagan as marismas e elevan o nivel da lagoa. Cara ao S do complexo, a lagoa de Vixán presenta, pola contra, augas de baixa salinidade ao estar practicamente illada do mar (recibe auga salgada unicamente durante as mareas vivas primaverais e de fins do verán)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político chileno. En 1887 fundou o Partido Demócrata. Elixido deputado (1900-1918), foi tamén senador (1918-1921) e ministro de Industria, Obras Públicas e Ferrocarrís (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor, fillo de Xosé Conde Corbal. Comezou a súa andaina artística na pintura. En 1971 realizou a primeira exposición individual no Museo Arqueolóxico de Ourense, onde traballou con Xesús Ferro Couselo. Viviu fóra de Galicia ata que, en 1980, se instalou en Vilagarcía de Arousa, onde comezou a cultivar a escultura. Empregou a madeira, o ferro e a pedra como materiais principais das súas obras e, en 1991, celebrou a súa primeira mostra escultórica en Santiago de Compostela. A súa obra, influenciada por Chillida e Oteiza, achegouse ás propostas construtivistas. Entre as súas construcións destaca a peza realizada para o Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela (1993) e a súa participación no proxecto Galicia Terra Única (1997). Ilustrou tamén un libro de poemas de Miguel Durán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Dentro dun realismo preocupado pola técnica e o estilo, publicou, entre outras obras, os contos Lima, hora cero (1954) e Kikuyo (1955), e a novela No una, sino muchas muertes (1958), iniciadora do realismo urbano en Perú.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización estadounidense de dereitos civís fundada en Chicago en 1942 por James Farmer. Xurdiu para promover as boas relacións entre os diversos tipos humanos e evitar a discriminación racial nos EE UU. Realizaron diversas accións non violentas, entre as que destacan o envío en 1961 dos freedom riders (‘xinetes da liberdade’) aos estados do sur para investigar a existencia de leis discriminatorias e a promoción da marcha sobre Washington en 1963.
-
-
Introduce a cláusula que expresa a consecuencia da anterior.
-
Enlaza co que se dixo anteriormente ou que serve de apoio para o que se vai dicir.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cunqueiro.
-
-
Relativo ou pertencente a Cuenca ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cuenca.
-
-
-
Acadar algunha cousa con esforzo.
-
Obter unha posición ou un territorio inimigo nun enfrontamento armado.
-
Provocar nunha persoa admiración, namoramento ou outro sentimento semellante.
-
Influír ou convencer a alguén para que faga algo.
-
-
ESPA¥A
Concello do departamento de Aveyron, situado na rexión dos Midi-Pyrénées, Francia, nun dos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela (314 h [1999]). No ano 877 fundouse alí o mosteiro beneditino de Sainte Foy, núcleo arredor do que nacería a vila. O apoxeo da peregrinación xacobea ao redor do ano 1000 converteuna nun importante núcleo urbano; así, un reconto de 1341 cifraba a súa poboación por riba dos 3.000 h. As guerras de relixión dos ss XVI e XVII tiveron unha incidencia moi negativa no seu desenvolvemento, pois, á parte da mortaldade causada polas epidemias e a fame, o seu mercado agrícola e a peregrinación a Santiago de Compostela entraron nunha etapa de decadencia. A finais do s XVIII, a supresión do monacato decretada no transcurso da Revolución Francesa asestoulle o golpe definitivo ao antigo esplendor de Conques, pois as rendas que percibía o mosteiro lle permitían sufragar a escola e o hospital. A administración municipal, que asumiu esas rendas, non conseguiu xestionar...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, historiador e novelista inglés. Influído por Auden e Robert Graves, a súa primeira recolleita poética, Poems (Poemas, 1955), inclúese dentro do chamado The Movement. Da súa produción destacan, ademais, The Egyptologists (Os exiptólogos, 1965), Forays (Incursións, 1979) e We and They (Nós e mais eles, 1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica francesa realizada en 1912. Dirixida por Georges Méliès e interpretada pola súa compañía, xunto con artistas do Folies Bergère e do Carnavalet, o filme reflicte os mellores trucos do cine do momento, con elementos futuristas e de ciencia fición. Trátase da aventura que emprende o profesor Maboule e os seus acompañantes para conquistar o Polo Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘cuncha’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á rocha ou ao terreo que contén cunchas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
conquili(o)-.