cólquico

cólquico

(

s m [PLANTA]

Herbácea bulbosa do xénero Colchicum, da familia das liliáceas, que acada os 20 cm de lonxitude. Presenta flores que nacen directamente do bulbo, con 6 pétalos de extremo rosado soldados entre eles formando un perianto tubular de cor branca, con anteras moito máis curtas ca os seus filamentos e que manteñen o ovario baixo a superficie no momento da floración. En terreos incultos e pedregosos da metade oriental de Galicia está presente a especie C. lusitanum. Das sementes e do bulbo da especie C. autumnale obtense colquicina.

Sinónimos

Palabras veciñas

colposcopia | colposcopio | colquicina | cólquico | Cólquida | colt | Colt, Maximilian