colt

colt

(

s m

Revólver de cilindro xiratorio que dispón de diversas cámaras paralelas ao eixe do cilindro nas que se albergan as balas. Patentouno Samuel Colt en 1835 con dúas cámaras e un calibre de 11,4 mm. En 1842, Adams Deane introduciu diversas modificacións, entre as que destaca o cilindro de seis cámaras. Dende 1852, o revólver colt aumentou o seu calibre a 45 mm e acadou unha grande aceptación na conquista do Oeste americano.