"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Acción de galeguizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen galeguiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adaptar ou converter algo á lingua ou á cultura galega.

    2. Normalizar, introducir ou estender o uso do galego en eidos nos que habitualmente non se utiliza.

    3. Introducirse na cultura e no uso da lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo noroccidental da illa de San Martiño, na parroquia das Illas Cíes, no concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos insectívoros ao que pertence a auganeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de chumbo, de fórmula SPb. Pertence ao grupo dos sulfuros, cristaliza no sistema cúbico e ten o hábito cúbico ou octaédrico. É de cor gris azulada e ten brillo intenso metálico. Ten unha dureza de 2,5 e unha densidade de 7,58. É moi característica a perfecta exfoliación en cubos. É a mena máis importante do chumbo, e pódese presentar en rochas sedimentarias, en veas hidrotermais e tamén en pegmatitas. Emprégase na industria cerámica e foi o primeiro cristal que se utilizou como detector de ondas de radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da farmacia que estudia a preparación de medicamentos. Estes prepáranse mediante a mestura dos produtos activos con excipentes e correctivos para elaborar a forma farmacéutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Galeno ou aos seus métodos.

      1. Relativo ou pertencente á galénica.

      2. preparado galénico

        Preparado farmacéutico obtido segundo as normas da galénica que contén un ingrediente orgánico ou uns cantos nunha forma farmacéutica concreta para facilitar a súa dosificación e a administración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina establecida por C. Galeno que fai depender a saúde e a enfermidade da acción dos catro humores: sangue, bile, linfa e pituíta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico grego. Considérase despois de Hipócrates o máis grande dos médicos da Antigüidade e o pai da fisioloxía experimental. Fixo estudios anatómicos sobre animais e extrapolou os seus descubrimentos ao ser humano; en fisioloxía observou a secreción urinaria dos riles, e tamén estudiou diversas enfermidades como a tuberculose ou a pneumonía. Manifestou que o principio básico da vida é un pneuma, extraído do pneuma universal mediante a respiración, elemento responsable do bo funcionamento de todos os órganos. O principio básico da súa literatura médica foi a crenza en Hipócrates, admitiu a teoría dos humores, aínda que tamén incorporou ideas doutros sistemas. A súa produción literaria é inmensa, pero moitas das súas obras perdéronse. No eido da filosofía centrou o seu estudo na filosofía moral, no método científico e na lóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Buque da carga ou de guerra, propio dos séculos XV, XVI e XVII, ao que se lle atribúe unha orixe hispánica. Arboraba tres ou catro paos con velas xeralmente cadradas, aínda que tamén tiñan algunhas latinas. No s XII asemellábase a unha pequena galera no seu corte e obra morta, aínda que eran menos longos e máis veloces, cunha soa fila de remos; entre os ss XV e XVII designaba os grandes navíos de alto bordo que se dedicaban ao comercio entre España e Portugal con América, especialmente ao transporte de ouro desde México e Perú. Adoitaban formar grandes convois de ata trinta ou corenta navíos para protexerse dos piratas. Conforme foi evolucionando a súa construción, chegou a acadar un desprazamento dunhas 1000 t.

    2. Embarcación de cabotaxe, construída en Galicia, duns 13 m de eslora e dunhas 15-20 t, que se empregou especialmente nas Rías Baixas desde comezos do s XX ata a década dos 60. A adaptacion ao medio condicionaba o seu tamaño e características de funcionalidade: barrigudos de proa, con moita manga, cuberta ocupada en gran parte pola adega, popa redonda, fasquía mariñeira de proa levemente lanzada e aparello de balandro complementábase polos catro grandes remos que suplían a falta de vento. Calaba pouco e tiña a obra viva moi plana e leme con dúas posicións, unha máis baixa ca a quilla e outra ao mesmo nivel. Construíase con madeira de carballo e piñeiro. Dedicábase, basicamente, ao transporte da sardiña, dende a boca das rías ata as fábricas de salgadura, e mesmo de tellas e ladrillos na ría de Arousa, ou doutros produtos como madeira, sal, barro ou millo. A súa tripulación estaba composta por un patrón e dous mariñeiros; tiña rancho para os tripulantes a proa e cámara para o patrón a popa....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos da orde dos dermópteros que comprende dúas especies (C. volans e C. variegatus), que acadan uns 40 cm e se caracterizan pola presenza de pataxio. Habita no SL de Asia e en Indonesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación semellante á galera, pero de menor tonelaxe. Tiña entre dezaseis e vinte remos por banda e un só home en cada remo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preso condenado a remar en galeras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. pena de galera

        Castigo que consistía en remar forzado nas galeras reais por un prazo de entre dous e dez anos. Común no s XVI, estivo vixente na coroa hispánica ata 1771.

      2. Barco de guerra tipicamente mediterráneo, de liñas moi finas, raso, cunha grande eslora en proporción á súa manga, aparellado con velas, pero impelido principalmente por remos. Durante nove séculos foi un dos navíos máis veloces e de maior manobrabilidade, que se empregaba en misións auxiliares e de exploración. En sentido amplo, denomínase galera calquera das construcións da serie evolutiva formada, entre outras, pola nave minoica, o arco fenicio, a birreme e a trirreme gregas, a navis longa romana, o dromo bizantino, que empregaban varias fileiras de remos e vela cuadrangular. As galeras medievais chegaron a ter tres paos, nos que se envergaban xeralmente velas latinas, varias fileiras de remeiros, con 20 a 36 remos por banda, 140 pés de eslora, 20 de manga e 9 de puntal. No s XIV colocáronselle dous castelos, un a proa e outro a popa, onde se situaban os arqueiros e logo os arcabuceiros; ademais, ía armada cun esporón de ferro ou bronce reforzado,...

    1. Prancha de madeira, cinc ou ferro pechada por tres lados con listóns, dous dos cales sobresaen un pouco máis ca a prancha. Emprégase para facer as liñas e os cadros dos que se compón para realizar o molde.

      1. Coche para o transporte de viaxeiros, o máis grande desta clase de vehículos. Podía levar ata cincuenta e catro pasaxeiros. A cavidade da carruaxe estaba formada por catro departamentos: dianteira, berlina, cupé e cámara ou departamento interior. Na parte superior, cuberta por unha lona, había sobre a dianteira e a berlina dous asentos (a banqueta e a contrabanqueta), e o resto estaba destinado á equipaxe. A galera estaba tirada por oito, nove ou once animais.

      2. galera de peso

        Galera de gran porte que se dedicaba a facer viaxes entre dúas poboacións fixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral meridional da parroquia da Ameixenda, no concello de Cee, que marca o límite entre a beira oriental da ría de Corcubión e a enseada do Ézaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molde de composición da lonxitude que depende a medida da galera.

      1. Proba que se extrae deste molde.

      2. Proba de fotocomposición sen compaxinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Balcón cerrado con vidreiras construído na fachada exterior dunha casa. A súa construción acadou un gran desenvolvemento en Galicia. A súa orixe atópase nos balcóns, solainas e galerías abertas características da arquitectura tradicional galega do s XVII. A finais do s XVIII comezaron a construírse as primeiras galerías pechadas con cristais. Tiñan a función de permitir o paso da luz ao interior da vivenda e servían de abrigo no inverno e de lugar fresco no verán. No s XIX e comezos do s XX acadaron o maior desenvolvemento e chegaron a converterse en cuartos prolongados da casa. Distínguese entre o miradoiro que cobre unha das portas da fachada, e a galería, que abrangue toda a fronte dunha das plantas do edificio. Como elemento de sostén empréganse as columnas e pilastras. Tradicionalmente, o peche dos balcóns realizábase con madeira e fiestras de mainel. A finais do s XIX os arquitectos modernistas reinterpretáronas e engadíronlles o ferro forxado. As máis relevantes son as situadas no...

      2. Espacio arquitectónico interior sostido por arcos ou columnas, ás veces con vidreiras aos dous lados ou nun só.

    1. Balcón que se abría na popa dos navíos sobre a prolongación das cubertas. Nas unidades de tres cubertas había dous balcóns, un corespondente á camara alta e outro á do medio.

      1. Colección de pinturas e outras obras de arte. Poden ser públicas ou privadas, mentres nas primeiras o seu obxectivo é mostrar as obras cun fin expositivo, nas segundas buscan a venda da obra exposta. A súa orixe atópase nas pinacotecas do mundo grego e romano. As coleccións privadas comezaron a ser expostas ao público no s XIX e, dende mediados do século, xeneralizáronse as galerías nacionais. Entre outras cómpre destacar a Alte Pinakothek e a Neue Pinakothek de Múnic, a Galleria Borghese de Roma, a Galleria delle Uffizi en Florencia, o Ermitaxe en San Petersburgo, o Museo del Prado en Madrid, o Rijksmuseum de Amsterdam e a National Gallery de Londres.

      2. galería de arte

        Establecemento público, xeralmente de carácter privado, dedicado á exhibición e á venda de obras de arte. Cristalizou na segunda metade do s XIX en París e permitiu o paso do antigo encargo directo á moderna oferta do artista. Está estreitamente unida ao fenómeno do marchante e serviu para que as correntes renovadoras e vangardistas se desen a coñecer. En Galicia existe a Asociación Profesional de Galerías de Arte con sede en Santiago de Compostela.

    2. Pasaxe cuberta con tendas a cada lado.

      1. Lugar destinado ao público en certos espectáculos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada na Coruña a partir de abril de 1984 e subtitulada “Publicación da Asociación Cultural da Coruña Alexandre Bóveda”. Coordinada por X. R. García, a súa temática fundamental era a cultura. Malia que se lle prestou unha atención especial aos creadores xa consagrados, nela participaron numerosos poetas e narradores novos. A partir de novembro de 1987 viviu unha segunda época, na que continuou co enfoque cultural pero dende unha perspectiva máis nacionalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada no segundo trimestre de 1992 na Coruña. Subtitulouse “Boletín informativo del colegio oficial de farmacéuticos de la provincia de A Coruña”. Dirixiuno Ofelia del Amo Pol. Incluíu, entre outros temas, información sobre óptica, bibliografía, medicamentos, etc. Neste boletín tentaba combinarse a información coa divulgación.

    VER O DETALLE DO TERMO