"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de altisonante.
-
-
Que soa alto.
-
Marcado pola énfase.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. O triunfo de MASH, en que criticaba dende a ironía e o humanitarismo, a inutilidade da intervención estadounidense na Guerra do Vietnam, no Festival de Cannes (1970) deulle sona internacional, e converteu a serie homónima que fixo para televisión nun éxito durante máis dunha década. Marxinado pola industria norteamericana polo seu inconformismo verbo da política holliwoodiense, retirouse a Francia, dende onde dirixiu espectáculos operísticos e películas de fición. No 1991 volta aos EE UU para realizar The Player, unha sátira de Hollywood, premiada no 1993 co Globo de Ouro no Festival de Cannes, ano en que recibiu tamén o León de Ouro no Festival de Venecia por Short Cuts. Posteriormente dirixiu Prêt a Porter (1994), Kansas City (1996) e Cookie’s fortune (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico norteamericano de orixe canadense. Os seus traballos co enzima ribonucleasa P amosaron que o RNA tamén pode actuar como catalizador. Recibiu o Premio Nobel de Química (1989) xunto con T. Cech, que chegara independentemente aos mesmos resultados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Citólogo alemán. Propuxo a teoría granular do citoplasma e descubriu a técnica de fixación por deshidratación a baixa temperatura. Foi o primeiro en illar os ácidos nucleicos e, así mesmo, foi quen lles deu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Conxunto de dialectos do alemánque sufriron a segunda mutación consonántica. Comprende os dialectos alto alemáns inferiores, nomeados en alemán mitteldeutsch (‘alemán medio’), occidental e oriental, e os alemáns superiores, nomeados oberdeutsch (‘alemán superior’), alamánico e bávaro.
-
Relativo ou pertencente ao alto alemán.
-
-
alto alemán inferior occidental Dialecto alemán que comprende as falas populares de grande parte do territorio de Renania, o Palatinado, Franconia, Hessen a parte setentrional de Württemberg e de Lorena, o Gran Ducado de Luxemburgo e o territorio belga de Eupen e Malmedy.
-
alto alemán inferior oriental Dialecto alemán que comprende as falas populares de Turinxia, da alta Saxonia e da parte meridional de Brandenburgo (incluída a cidade de Berlín), e a poboación xermánica de Silesia (entre os estados de Polonia e da República Checa).
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento do Paraguai (14.895 km2; 406.584 h [1992]). A capital é Cidade do Leste (133.893 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Transdutor electroacústico encargado de transformar os sinais eléctricos en ondas acústicas e ideado para radiar potencia acústica ao aire. Segundo o principio físico empregado, os altofalantes poden ser electrodinámicos, electromagnéticos, electrostáticos, magnetostáticos, piezoeléctricos ou iónicos. O máis corrente é o altofalante electrodinámico. Dado que é moi difícil conseguir que un só altofalante poida reproducir todas as marxes de frecuencias audibles (20 Hz-20.000 Hz), nos sistemas de alta fidelidade esta marxe é reproducida por dous ou tres altofalantes, que se reparten os sinais mediante un filtro divisor de maneira que cada un deles poida reproducir unha banda máis estreita e máis de acordo coas súas propiedades características. En xeral emprégase un altofalante de graves e outro de agudos, aos que a miúdo se engade outro de medios. Os altofalantes adoitan estar dispostos nunha caixa acústica. O altofalante de graves destínase a reproducir a parte inferior do espectro...
-
Altofalante baseado na acción dun campo magnético permanente sobre unha bobina móbil, unida a un diafragma capaz de vibrar. Chámase tamén de bobina móbil. Consta esencialmente de dúas partes: unha fixa, chamada motor, e unha móbil que é a que produce o son. O motor está constituído por un imán permanente e tres pezas metálicas, a columna polar ou perno, o anel polar e a placa. O imán pode ser cerámico ou ben metálico. O fluxo deste imán concéntrase no entreferro, anel circular que fica entre o gonzo e o anel polar. Dentro do entreferro queda perfectamente centrada a bobina móbil, solidaria coa membrana. Todo este conxunto é soportado pola carcasa onde están as terminais de entrada de corrente cara á bobina móbil. A suspensión exterior pode estar feita do mesmo material que a membrana ou ben por un material máis elástico: goma, neopreno, etc. A membrana adoita estar feita de fibra de celulosa ou ben de algodón, tratados por procedementos similares aos da fabricación de...
-
Altofalante baseado na acción dinámica producida sobre unha placa de material ferromagnético por un campo magnético variable. É chamado tamén de ferro móbil. Consta dun imán permanente que, en ausencia de sinal, fai circular un fluxo magnético a través da placa. A corrente alterna procedente do amplificador circula polas bobinas de maneira que o fluxo magnético creado se suma ou resta ao producido polo imán permanente, segundo a polaridade da corrente, e a placa avanza ou retrocede.
-
Altofalante baseado no efecto dinámico producido sobre unha placa polarizada sometida á acción dun campo electrostático. Está constituído por un diafragma moi lixeiro de poliéster, colocado entre dous electrodos acusticamente transparentes. Este diafragma está polarizado en relación aos dous electrodos, os que crean un potente campo electrostático. O sinal que provén do amplificador aplícase a estes electrodos mediante un transformador, e as variacións de polarización forzan o diagragma a se desprazar.
-
Altofalante que non se pode separar doutro aparello e que foi concibido para funcionar conxuntamente con aquel.
-
Altofalante baseado no feito de que os gases ionizados poden comportarse como un diafragma de seren modulados mediante un campo eléctrico. Para conseguir ionizar o aire, cómpre sometelo a unha tensión continua moi elevada, duns 15.000 V. Unha vez ionizado, superpónselle un campo eléctrico, modulado polo sinal que se queira reproducir; conséguese mover este aire, o que produce o son. Emprégase soamente para reproducir frecuencias altas.
-
Altofalante baseado nas propiedades que teñen algúns cristais de se deformar cando se lles aplica corrente: son empregados para reproducir frecuencias agudas. Pode funcionar inmerso na auga e por iso é empregado para as comunicacións submarinas.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e impresor. Casou en Madrid coa poetisa Concha Méndez (1931), xunto coa que editou revistas e coleccións de poesía facendo o labor de portavoz da Xeración do 27. Distinguiuse pola súa poesía elegante, na que se funden elementos cultos e barrocos xunto con outros populares e vagamente vangardistas en Las islas invitadas (1926), Ejemplo (1927), Soledades juntas (1931) e outros libros. Ao rematar a Guerra Civil Española (1939) exiliouse en Cuba e máis tarde en México, onde editou a colección de clásicos casteláns La Verónica. Escribiu algúns libros de poemas de estilo romántico. As súas Poesías Completas apareceron postumamente (1960). Tamén se dedicou ao cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que impresiona fortemente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que designa a ‘quen pega, quen castiga’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de elaboración do aluminio. O 29 de outubro de 1957 fundouse ALUGASA (Aluminio de Galicia SA) con participación da firma francesa Pechemey. En 1974 constituíronse en Galicia as sociedades de Aluminio Español e Alúmina Española, coas achegas industriais de ENDASA (Empresa Nacional del Aluminio, SA) e ALUGASA. En outubro de 1980, inauguráronse as instalacións do maior fabricante de aluminio de España en San Cibrao (Lugo). No 1986 ALUGASA fusionouse con ENDASA, que tiña o Instituto Nacional de Industria como primeiro accionista. Desta fusión xurdiu o gran grupo público Inespal (Industria Española del Aluminio). En xullo de 1992 INESPAL pasa a integrarse no grupo público Teneo. Dous anos máis tarde, este acaba por disolverse e INESPAL foi traspasado á Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (SEPI) tamén dependente do Ministerio de Industria y Energía. En febreiro de 1998 a SEPI vendeu INESPAL ao Grupo ALCOA, líder mundial do sector do aluminio. A compañía pasou deste modo a...
-
PERSOEIRO
Historiador mexicano. Descendente da aristocracia azteca, estudiou os antigos códices e a tradición oral do seu pobo. Deixou escrita unha Historia general de la Nueva España, coñecida tamén como Historia Chichimeca.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Filólogo e dialectólogo. Publicou, entre outros libros e estudios, El dialecto aragonés (1953), Estudios y ensayos de literatura contemporánea (1971) e Teoría lingüística de las regiones (1975). Foi membro da Real Academia Española de la Lengua Española (1974), da que foi director (1989-1992).
VER O DETALLE DO TERMO
-
PERSOEIRO
Militar. Sobriño e antigo vasalo do Cid, marchou de Castela cando este foi exiliado (1081). Retornou ao servizo de Afonso VI (1085), participando na conquista de Toledo, cidade da que lle foi confiado o goberno e a defensa. Morreu en Segovia mentres defendía os dereitos de dona Urraca fronte ao seu marido Afonso I de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Histólogo. Foi catedrático de Organografía e Fisioloxía animal na Universidade Complutense de Madrid (1932-1967). Realizou numerosos traballos no eido da histoloxía vexetal, entre o que cómpre salientar: “Sobre el estudo del condriosoma en las células vegetales por el método tanto-argéntico”, animal “Contribución al conocimiento histológico de las medusas” e entomolóxica “El epitelio estomacal de los blátidos”. Os seus manuais de bioloxía tanto para bacharelato como para ensino superior foron moi divulgados e empregados nos anos do franquismo. Foi director do Instituto José Acosta do CSIC, subdirector do Museo Nacional de Ciencias Naturales e membro da Real Sociedad Española de Ciencias Naturales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominico, escritor e pensador; foi coñecido polo pseudónimo Filósofo Rancio, alcume co que asinou as Cartas críticas de un filósofo rancio (1813-1816).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deputado nas Cortes Constituíntes do 1869 e Gobernador Civil de Lugo. Polo seu discurso Necesidad de escribir la Historia filosófica de Galicia desde los tiempos más remotos hasta nuestros días, y su utilidad para el porvenir foi premiado co Caravel de Prata nos primeiros Xogos Florais de Galicia, celebrados na Coruña no 1861, traballo publicado no Álbum de la Caridad. Durante os anos 1859, 1860 e 1861 colaborou no Boletín Judicial de Galicia, e en 1872 firmou en Viveiro o manifesto Electores del distrito de Vivero. Morreu en Valladolid, onde ocupaba o cargo de fiscal da Audiencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Antonio Álvares de Azevedo.