Aluminio Español

Aluminio Español

Empresa de elaboración do aluminio. O 29 de outubro de 1957 fundouse ALUGASA (Aluminio de Galicia SA) con participación da firma francesa Pechemey. En 1974 constituíronse en Galicia as sociedades de Aluminio Español e Alúmina Española, coas achegas industriais de ENDASA (Empresa Nacional del Aluminio, SA) e ALUGASA. En outubro de 1980, inauguráronse as instalacións do maior fabricante de aluminio de España en San Cibrao (Lugo). No 1986 ALUGASA fusionouse con ENDASA, que tiña o Instituto Nacional de Industria como primeiro accionista. Desta fusión xurdiu o gran grupo público Inespal (Industria Española del Aluminio). En xullo de 1992 INESPAL pasa a integrarse no grupo público Teneo. Dous anos máis tarde, este acaba por disolverse e INESPAL foi traspasado á Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (SEPI) tamén dependente do Ministerio de Industria y Energía. En febreiro de 1998 a SEPI vendeu INESPAL ao Grupo ALCOA, líder mundial do sector do aluminio. A compañía pasou deste modo a denominarse ALCOA INESPAL. No 1999, esta compañía posúe en Galicia dúas plantas de aluminio primario: unha en San Cibrao e outra na Coruña; unha planta de alumina tamén en San Cibrao e unha planta de produtos extruídos en Arteixo. Ademais posúe outras plantas distribuídas por toda España (Alacant, Sabiñánigo, Amorebieta, Avilés, Noblejas, Irurzun, Valls e Barcelona).

Palabras veciñas

alumínico -ca | aluminífero -ra | aluminio | Aluminio Español | aluminita | aluminón | aluminose