"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Foi condenado a morte por pertencer, xunto con F. Dostojevskij, ao grupo revolucionario Petraševskij (1849) e logo desterrado a Orenburg. O seu poema Vper’od! bez strakha i somnenija (Adiante!, sen poñer dúbidas!, 1846) converteuse en canto revolucionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates, da familia dos homínidos, asimilado actualmente á especie Australopithecus africanus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena placa que se aplica en diversos puntos do corpo e sobre a que se percute cos dedos ou cun martelo, co obxectivo de explorar diferentes cavidades do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • homeomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos plesiosauros.

    2. Réptil da suborde dos plesiosauros.

    3. Suborde de réptiles acuáticos, da orde dos sauropterixios, que viviron desde comezos do Triásico ata finais do Cretáceo. Tiñan un corpo amplo e aplanado, dotado de aletas para bracear a velocidade moderada, e un pescozo moi longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, duque de Richelieu. Despois da derrota de Napoleón I Bonaparte, sucedeu a Charles Maurice de Talleyrand-Périgord como primeiro ministro (1815). Dimitiu pola oposición do conde de Artois, o futuro Carlos X de Francia (1818). En 1820 volveu ao cargo, que abandonou un ano despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista e cardeal. Coñecido como o cardeal Richelieu, estaba destinado á carreira militar pero abandonouna para ocupar o beneficio familiar do bispado de Luçon (1606). Deputado do clero nos Estados Xerais de 1614 e apoiado polo partido “devoto”, conseguiu a través de Concino Concini, home de confianza da raíña rexente María de Medici, ser nomeado secretario de Estado (1616). Proclamada a maioría de idade de Luís XIII, foi nomeado cardeal en 1622, e posteriormente xefe do Consello Real (1624). Durante o seu ministerio político sufocou as conspiracións da alta nobreza e enfrontouse aos hugonotes, que conseguiu eliminar de La Rochelle e Languedoc (1627-1629). Fomentou o absolutismo rexio fronte ao poder da aristocracia e cimentou o prestixio de Francia como potencia europea. Creou unha frota de guerra para enfrontarse a Inglaterra (Guerra de La Rochelle), controlar os portos da coroa francesa e protexer o gran comercio. A combinación dunha política antihugonotes no interior do estado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cortesá francesa. Coñecida como Marie Duplessis, tratou con membros da clase alta e chegou a ser a muller máis desexada de Francia. Entre os seus amantes estivo o escritor Alexandre Dumas, que a inmortalizou na novela Le dame aux camélias (1848) como Marguerite Gautier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral meteorítico orixinado por un crecemento simultáneo de camacita e taenita. Localízase en todas as octaedritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que mide os cambios de volume dos órganos e dos membros, debidos á repleción sanguínea das arterias e dos capilares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exceso de sangue ou doutros líquidos no corpo ou nunha parte del.

    2. Abundancia excesiva de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á plétora.

    2. Que ten abundancia de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade de medida de lonxitude na antiga Grecia, que equivalía a 100 pés gregos, sexta parte do estadio.

    2. Unidade de medida de lonxitude na antiga Roma, que equivalía a 104 pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das membranas serosas (dereita e esquerda) que tapizan os pulmóns no tórax (pleura visceral), a superficie interna da parede da cavidade torácica (pleura parietal) e o diafragma (pleura diafragmática). Entre a parietal e a visceral hai un espazo virtual que contén un líquido seroso.

    2. Parte lateral da teca das diatomeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pleura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación, aguda ou crónica, das serosas pleurais. De acordo co tipo de reacción pleurítica, as pleuresías poden ser secas (fibrinosas) ou húmidas (exsudativas); e segundo a etioloxía, infecciosas ou non infecciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á pleuresía.

    2. Que ou quen padece pleuresía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘lado’, ‘flanco’, ou que expresa a idea de relación cun lado ou coa pleura.

    VER O DETALLE DO TERMO