"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
CIDADES
Cidade de Bohemia, República Checa, situada ao L de Ustí nad Labem. Alí tivo lugar un acordo en 1876 entre o Tsar Alexandre II de Rusia e Francisco Xosé I de Austria, polo que este decidiu manterse neutral na Guerra Ruso-turca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que sucesivamente foi aplicado á dieta do Sacro Imperio Romano-Xermánico, á asemblea lexislativa do Segundo Reich (1871-1918), á cámara lexislativa da República de Weimar (1919-1933) e ao órgano do Terceiro Reich (1933-1945); este último tiña como única misión ratificar a política hitleriana.
-
PERSOEIRO
Químico polaco. Estudou medicina na Universität Zürich, onde foi profesor, ao igual que na Universität Basel. Naturalizado suízo, realizou numerosas investigacións, como as dos compostos heterocíclicos, a vitamina C, as hormonas, a adrenalina ou o ácido pantoténico. En 1950 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polos seus descubrimentos sobre as hormonas da codia adrenal, a súa estrutura e os seus efectos biolóxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. De orixe alemá ou checa, traballou no castelo de Praga (1487-1511), onde fixo a Sala de Ladislau con bóveda de nervios dinámicos. Influíu na arquitectura de Saxonia e Lusacia.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo escocés. En Inquiry Into the Human Mind on the Principles of Common Sense (1764) afirmou que a base do coñecemento humano non son as ideas simples senón uns xuízos evidentes que o sentido común formula naturalmente sobre a existencia do mundo exterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos reidos.
-
Ave da familia dos reidos.
-
Familia de aves, da orde dos estrucioniformes, que comprende especies de grandes dimensións coas patas con tres dedos cara a adiante, sen glándula uropixial nin plumas no rabo, e coas ás ben desenvolvidas pero non funcionais, xa que o exterior non ten quilla. Comprende un só xénero e dúas especies, o ñandú (Rhea americana) e o ñandú de Patagonia (R. pennata), propias de América do Sur.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Realizou o proxecto do albergue Boa Voluntade en Rio de Janeiro (1931) e, con Lúcio Costa e Óscar Soares Filho Niemeyer, o do novo Ministério da Educação e Saúde (1936). É autor tamén do conxunto residencial para 570 familias de Perogrulho, en Rio de Janeiro (1950-1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de converter algo en cousa ou de concibilo en analoxía coa natureza e a estrutura das cousas. Tradución do alemán Verdinglichung, o termo referiuse en filosofía á tendencia propia do fisicalismo, en oposición ao fenomenalismo.
-
Termo que consiste nunha presentación do individuo limitada á súa exterioridade, aos xestos e comportamentos, e que relega a un segundo plano toda referencia á súa interioridade psíquica. Alude a un procedemento vinculado á corrente obxectalista iniciada polo nouveau roman francés, na década de 1970, que influíu notablemente no movemento da Nova Narrativa galega. Pola outra, remite a unha técnica que reduce o home á categoría de cousa mediante a privación das súas características máis especificamente humanas e á atribución de trazos correspondentes a obxectos, con intención degradante. Esta técnica foi empregada, entre outros, por Francisco de Quevedo na súa obra satírica e burlesca, e por Ramón del Valle-Inclán, que someteu os seus personaxes a un proceso de cousificación que o autor, transformado en demiúrgo, move e dirixe ao seu antollo.
-
Nome dado por György Lukács ao fetichismo das mercadorías, inspirándose en Marx.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos reiformes.
-
Ave da antiga orde dos reiformes.
-
Antiga orde de aves que comprendía unha única familia, a dos reidos, actualmente incluída dentro da orde dos estrucioniformes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cravo co que se suxeitan as lamias ás rodas do carro.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Manzaneda baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha banda de goles, acompañada no alto dunha torre de azul, e no baixo dun parrulo de sable.
-
-
2 arnela.
-
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘teta’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘nabo’.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Aciveiro (Forcarei). O seu cumio acada os 663 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente do río Lérez pola esquerda que nace na parroquia de Xustáns (Ponte Caldelas) e desemboca na de Xeve (Pontevedra).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome da parroquia da Regueira, situada no concello da Pastoriza.