reido -da

reido -da

(< lat científico Rhea)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos reidos.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos reidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ORNIT]

    Familia de aves, da orde dos estrucioniformes, que comprende especies de grandes dimensións coas patas con tres dedos cara a adiante, sen glándula uropixial nin plumas no rabo, e coas ás ben desenvolvidas pero non funcionais, xa que o exterior non ten quilla. Comprende un só xénero e dúas especies, o ñandú (Rhea americana) e o ñandú de Patagonia (R. pennata), propias de América do Sur.