"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

      1. Acción e efecto de ferir ou ferirse superficialmente cun obxecto rematado en punta.

      2. picadura anatómica

        Punción da pel das mans ou dos dedos producida no curso dunha autopsia ou disección dun cadáver, que pode producir infeccións graves debido á penetración de substancias sépticas.

    1. Acción e efecto de ferir co aguillón ou co peteiro un animal.

    2. Burato pequeno que se fai nunha tea ou noutro material a causa da humidade ou de insectos como a traza.

    3. Carie que se forma nunha moa ou dente.

    4. Tabaco picado ou triturado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arte de pintar.

      2. Obra que resulta da acción de pintar. As primeiras manifestacións pitóricas datan do Paleolítico Superior. Son as pinturas rupestres localizadas nas covas, sobre todo, no S de Francia, N de España e nos Urais. Trátanse en xeral de representacións da fauna cuaternaria, policromadas, naturalistas e sen formar escenas, e con escasas representacións humanas. Destacan as covas de El Castillo e Altamira (Cantabria) e Lascaux (Francia). Durante o Epipaleolítico ou o Neolítico desenvolveuse no Levante español unha nova pintura rupestre monocroma e de tintas planas con representación de escenas de caza, danza e guerra de carácter máis esquemático e dinámico ca as pinturas paleolíticas, das que estacan as pinturas da cova de Cogull (Lleida). Na civilización exipcia decoráronse con pinturas murais as tumbas dos faraóns. Eran escenas da vida cotiá e representacións mitolóxicas realizadas cun estilo máis conceptual ca realista. As culturas mediterráneas empregaron a pintura en diferentes modalidades....

      3. Táboa, lámina, lenzo ou muro en que se pinta unha cousa.

      4. pintura absoluta

        Pintura xeométrica non figurativa que se basea na esencia da liña, a superficie e a cor. Busca expresións construtivas a base de ángulos rectos e cadrados.

      5. pintura á chamberga

        Procedemento pictórico que consiste en pintar obxectos que non están expostos á intemperie, mediante o uso de cores preparadas con verniz de pez grega e augarrás.

      6. pintura de historia

        Representación de escenas do pasado, que intenta a reconstrución dos grandes sucesos históricos, polo seu interese ético ou épico ou pola súa propia transcendencia. Desenvolveuse a partir do Barroco.

      7. pintura de xénero

        Representación de temas e escenas da vida cotiá, considerada especialmente polos mestres holandeses e flamengos do s XVII.

      8. pintura ao óleo

        Técnica pictórica que consiste na disolución en aceite de cores utilizadas para pintar. Emprégase sobre unha base absorbente de tea ou madeira. Na Idade Media esta técnica usábase combinada coa da témpera. No s XV apareceu a pintura ao óleo independente nos Países Baixos, e que a tradición lle atribúe o seu descubrimento a Jan van Eyck.

      9. pintura xestual

        action painting.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría e desenvolvemento de peixes co fin de comercializalos ou de empregalos en repoboamentos. Practícase sobre todo con especies de auga doce, aínda que tamén ten lugar con especies mariñas (gádidos e peixes planos) en marismas, rías e pantanos salobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Piura, Perú (308.155 h [estim 1998]). Está situada na chaira costeira e na ribeira do río homónimo. A súa economía baséase na produción de algodón e nas explotación petrolíferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Perú (35.892 km2; 1.506.716 h [estim 1998]). A súa capital é Piura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de planificación que ten como finalidade a adecuación da xestión dos recursos naturais e, en especial, a dos espazos naturais e das especies que se queren protexer, aos principios de mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, de preservación da diversidade xénetica, da utilización ordenada dos recursos e da preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe. As directrices fixan limitacións de usos nos espazos e establecen normas de uso racional para a conservación, restauración e mellora dos recursos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das membranas serosas (dereita e esquerda) que tapizan os pulmóns no tórax (pleura visceral), a superficie interna da parede da cavidade torácica (pleura parietal) e o diafragma (pleura diafragmática). Entre a parietal e a visceral hai un espazo virtual que contén un líquido seroso.

    2. Parte lateral da teca das diatomeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pleura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en formar pregaduras na parede dun órgano co obxectivo de reducir o seu volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta ou se refire a máis dun aspecto ou dunha opción.

      1.   Realización do morfema gramatical de número que representa máis dunha entidade individualizada, en oposición ao singular, que representa unha soa.

      2. plural de modestia

        Forma ficticia de plural con valor de singular que empregan oradores ou escritores para atenuar a propia personalidade.

      3. plural exclusivo

        Forma especial de plural pronominal que considera a persoa nosoutros como a suma de eu e mais eles, coa exclusión de vós.

      4. plural inclusivo

        Forma especial de plural pronominal que considera a persoa nós como a suma de eu e mais vós, coa exclusión de eles.

      5. plural maxestático/de maxestade

        Forma ficticia de plural, con valor de singular, empregada por altas xerarquías civís ou eclesiásticas para magnificar a persoa que a utiliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra que se emprega só en plural (exequias, nupcias).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade grande de cousas, especialmente se son diversas.

    2. Feito de haber ou de ser máis dun.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pluralidade de opinións, ideas ou opcións.

      2. Doutrina sociopolítica que preconiza a coexistencia de tendencias diferentes en calquera sociedade ou institución.

      1. Doutrina filosófica, oposta ao monismo, segundo a que o Universo está composto dunha pluralidade de seres, non reducibles a un único principio.

      2. Conxunto de filósofos gregos integrado por Empédocles, Anaxágoras e os atomistas Leucipo e Demócrito, que non aceptaban un único principio entitativo do real, senón diversos elementos ou átomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pluralismo.

    2. Seguidor do pluralismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar número plural a palabras que normalmente só se usan en singular.

    2. Atribuír a varias cousas ou persoas algo que é peculiar dunha soa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de podar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de cultivo primitivo, propio das sociedades rurais, que consiste en cultivar nunha mesma zona produtos moi diversos destinados a alimentar a poboación local. Algúns sistemas de cultivo de sociedades máis avanzadas están baseados na policultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Dedicouse, inicialmente, a cultivar unha comedia de estilo ‘catalán’ que, co tempo, adquiriu profundidade e trazos dramáticos. Dirixiu, entre outras, La rossa del bar (1986), Puta misèria (1989), El perquè de tot plegat (1994), Carícies (1998), Amic/Amat (1999), Manjar de amor (2001) e Amor idiota (2005). Foi galardoado co Premio Nacional de Cultura (1995) e coa Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Modelo. Despois de gañar o certame The Look of the Year comezou a traballar con algúns dos deseñadores máis destacados da moda internacional, como Christian Lacroix e Karl Lagerfeld. Exerceu como embaixadora da Moda Galega e participou no filme A rosa de pedra (1999). Tras abandonar os desfiles seguiu vinculada co mundo da moda, xa que é imaxe de marcas como Amichi ou Cortefiel e colabora con revistas de moda prestixiosas do sector en España como Telva. 

    VER O DETALLE DO TERMO