plural
(
-
adx
Que presenta ou se refire a máis dun aspecto ou dunha opción.
Ex: Nunha sociedade plural non se poden consentir eses feitos. As súas palabras teñen unha lectura plural e variada.
-
[LING]
-
adx e s
m
Realización do morfema gramatical de número que representa máis dunha entidade individualizada, en oposición ao singular, que representa unha soa.
-
plural de modestia
Forma ficticia de plural con valor de singular que empregan oradores ou escritores para atenuar a propia personalidade.
-
plural exclusivo
Forma especial de plural pronominal que considera a persoa nosoutros como a suma de eu e mais eles, coa exclusión de vós.
-
plural inclusivo
Forma especial de plural pronominal que considera a persoa nós como a suma de eu e mais vós, coa exclusión de eles.
-
plural maxestático/de maxestade
Forma ficticia de plural, con valor de singular, empregada por altas xerarquías civís ou eclesiásticas para magnificar a persoa que a utiliza.
-
adx e s
m