"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
enzafallar.
-
PERSOEIRO
Escritor e filósofo alemán. Estudiou literatura e filosofía e doutourouse cunha tese sobre C. Brentano. Membro do Grupo 47, viviu en Noruega, Italia, EE UU e Cuba. A súa obra inclúe poesía, ensaio, pensamento filosófico e científico, drama, reportaxe, reflexión política e narración. Colaborador do xornal El País, percorreu España durante tres meses e publicou as súas reportaxes en Cristales rotos de España (1985). Asesor da editorial Suhrkamp de Frankfurt dende 1960, a partir de 1965 editou a revista Kursbuch. Entre as súas obras destacan: Detalles (1969), Política e delito (1968), O afundimento do Titanic (1984), Europa, Europa! (1989), Perspectivas da guerra civil (1994), O diabo dos números: un libro para todos aqueles que temen as matemáticas (1997), Onde estiveches, Robert? (1999) e Diálogos entre inmortais, mortos e vivos (2001). Recibiu, entre outros, o Premio Büchner (1963), o Premio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Helenista e reformador. Entrou en contacto cos pensadores reformadores na Universidade de Louvain en 1539. Acudiu a Wittenberg á casa de F. Melanchton, quen o animou a traducir o Novo Testamento ao castelán. Rematado o traballo, marchou a Anveres a publicalo (1543). Levoulle a súa obra ao Emperador Carlos V, pero despois de examinado o libro foi encarcerado en Bruxelas. Fuxiu e refuxiouse en Inglaterra onde, grazas á recomendación de F. Melanchton, lle concederon a cátedra de Grego en Cambridge.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto sueco. Traballou para o elector de Brandenburgo, para Carlos XII de Suecia e para o elector de Saxonia. Realizou o seu labor, entre outros, no palacio de Charlottenburgo e no palacio real de Berlín.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste na utilización dunha mesma palabra ao comezo e ao final de grupos sucesivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste na repetición dunha palabra no medio doutras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste no establecemento dunha repetición en serie, de xeito que cada cláusula, período ou verso comece coa parte final da cláusula, período ou verso precedente. A reiteración continuada implica cambios nas funcións sintácticas das palabras repetidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repregamento cutáneo perpendicular que se estende dende a raíz do nariz á extremidade interna da cella. Cobre o ángulo interno e a carúncula do ollo. Común en determinados grupos humanos, como o dos mongois, pódese presentar como consecuencia de anomalías xenéticas, como na síndrome de Down.
-
-
Conxunto de aponeurose, pel e músculos que cobren o cranio.
-
Cada unha das dúas protuberancias globulares laterais da cabeza dalgunhas eirugas, como as dos lepidópteros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solemnidade do ano litúrxico que a Igrexa católica celebra o 6 de xaneiro. Na súa orixe oriental conmemoraba a divindade de Cristo no bautismo. En Occidente aplicouse á chegada dos Reis Magos ao portal de Belén e a adoración do neno Xesús. Comezou a representarse nas catacumbas, aínda que nos exemplos conservados varía o número dos reis representados, ata que na Idade Media se fixou o seu número en tres. Trátase dun motivo iconográfico empregado nos libros miniados e nos frescos e frontais de altar. Dende o Barroco converteuse nun dos temas cristiáns máis representados. Destacan, entre outras, as representacións de Leonardo, Tiziano, Rubens, Velázquez e Zurbarán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe cristiá. Procede do grego Ἐ πι ϕ άνιος (composto de ἐ πί ‘sobre’ + ϕ αίνω ‘brillar, lucir, mostrarse’), a través do latín Epiphanius ‘manifestación’. Evoca a festa relixiosa da Epifanía que se celebra no Occidente cristián o 6 de xaneiro. Entre os santos que levaron este nome, destacan Epifanio de Salamina (310-403) e Epifanio de Pavia (438-496). A súa festividade celébrase o 7 de abril.
-
PERSOEIRO
Bispo de Pavia. Conseguiu reconciliar o rei visigodo Eurico co Emperador Xulio Nepote e deulle asilo a Teodorico, rei dos ostrogodos. É o patrón dos prisioneiros de guerra. Na iconografía leva como atributo unha cadeas rotas. A súa festividade celébrase o 7 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Salamina e doutor da Igrexa. Fundou un mosteiro en Eleuterópolis, que dirixiu durante trinta anos, e no 367 foi elixido para a sé metropolitana de Salamina polos bispos da illa de Chipre. Combateu cos seus escritos a doutrina herética do antropomorfismo defendida por Oríxenes, que se estendera por Exipto e Xudea. Entre as súas obras salientan Ancoratus e Panarion, con citas e escritos perdidos doutros autores. Na iconografía leva vestiduras pontificais, coma os bispos orientais, ou roupas ascéticas, como os ermitáns; como atributo persoal, leva os pés descalzos ou un cadáver ao seu lado. A súa festividade celébrase o 7 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización eclesial dos EE UU establecida coa primeira colonia inglesa de Jamestown (1607). Forma parte da Comuñón Anglicana ( anglicanismo) e consta de máis de 75 dioceses. Na liturxia oficial segue o Common Prayer Book.
-
-
Relativo ou pertencente á Igrexa Episcopaliana.
-
Que ou quen é membro dunha igrexa estruturada episcopalmente, que ten como trazo característico unha organización de base xerárquica, que ten na súa cima a figura dun bispo. Son episcopalianos a Igrexa Anglicana e outras igrexas protestantes que dependen dela historicamente. En España, os episcopalianos agrúpanse na Iglesia Española Reformada Episcopal.
-
Que ou quen é membro da Igrexa Episcopaliana.
-
-
-
CIDADES
Cidade do condado de Surrey, Inglaterra, Reino Unido, situada ao S da aglomeración de Londres (69.400 h [estim 1982]). É un importante centro turístico e deportivo, onde se celebra anualmente o Derby de cabalos. Fundada en época saxona, pertenceu desde o 933 á abadía de Chertsey. A vila desenvolveuse ao redor da igrexa de San Martiño, e a principios do s XVII converteuse no primeiro centro termal de Inglaterra. A decadencia do turismo termal comezou a partir de 1730 e a cidade transformouse nun lugar de paso para os viaxantes a Brighton. A fundación no ano 1780 do Derby relanzou o turismo. Do seu patrimonio cultural destacan as Ashley House, Waterloo House e Woodcode Green House, de estilo vitoriano, os hospitais de Manor (1899), Horton and St. Ebba’s (1901) e Long Grove (1907), e os xardíns de Nonsuch Park e Horton Country Park.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico e realizador cinematográfico. Iniciou a súa filmografía con L’auberge rouge (A pousada vermella, 1923) e con La chute de la maison Usher (A caída da casa Usher, 1928), e chegou a ser un dos máximos expoñentes da vangarda francesa. Da súa obra teórica destaca Bonjour cinéma (Bos días cine, 1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á figura ou ao corpo xeométrico que ten os seus ángulos iguais.
-
-
Calidade de equidistante.
-
Diferencia de altitude entre dúas curvas de nivel dun mapa topográfico, que depende da escala do mapa e do tipo de relevo.
-