Epifanía

Epifanía

(

Solemnidade do ano litúrxico que a Igrexa católica celebra o 6 de xaneiro. Na súa orixe oriental conmemoraba a divindade de Cristo no bautismo. En Occidente aplicouse á chegada dos Reis Magos ao portal de Belén e a adoración do neno Xesús. Comezou a representarse nas catacumbas, aínda que nos exemplos conservados varía o número dos reis representados, ata que na Idade Media se fixou o seu número en tres. Trátase dun motivo iconográfico empregado nos libros miniados e nos frescos e frontais de altar. Dende o Barroco converteuse nun dos temas cristiáns máis representados. Destacan, entre outras, as representacións de Leonardo, Tiziano, Rubens, Velázquez e Zurbarán.