"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Escritor xaponés. De nome Iwase Denzō, iniciouse escribindo libros pornográficos ata que foi condenado polas autoridades, en 1791. Destacan Mukashigatari inazuma-byōshi (As armas dos lóstregos, unha vella historia, 1805) e Honchō suibodai zenden (A iluminación na embriaguez, historia completa, 1809). Ilustrou tamén moitas das súas obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, cos capítulos pedunculados, flores en flósculo de cor amarela e aquenios sen vilano. En Galicia podemos atopar a especie S. rosmarinifolia que florece entre xuño e agosto.
-
PERSOEIRO
Pintor. Compoñente do Fronto Nuovo delle Arti e de Otto pittori italiani, en 1944 ilustrou Grand air de P. Eluard. Pintou a base de manchas de cor con formas e contornos pouco delimitados.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento situado en Ourense. A data de ocupación fixouse entre os ss I e III con posible continuidade ata o s V. Estaba defendido por tres murallas, que albergaban no interior as vivendas, das que destacan unha edificación organizada arredor dun pórtico central con dúas escadas que daban acceso a un piso superior e a un piso inferior, dividido en seis estancias. Esta vivenda estaba dotada dun sistema de calefacción. Noutro sector, apareceu unha edificación constituída por varias estancias rectangulares e un pórtico que actuaría como patio interior, semellante ao atrium dunha casa romana. Dos restos materiais destaca a cerámica sigillata ou común, fragmentos de vidro e moedas de diferentes cronoloxías.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a São Tomé e Príncipe, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de São Tomé e Príncipe.
-
Crioulo de base portuguesa que se fala en São Tomé. OBS: Tamén se denomina forro.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia situado ao NL da capital, que está drenado polo río Segura e delimitado ao L pola Comunitat Valenciana (11.726 h [2001]). É un dos primeiros produtores de limóns e conta con industria da madeira e do moble.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que esaxera a súa devoción relixiosa.
-
Persoa, en xeral anciá, que nalgunhas relixións -especialmente no Islam-, se dedica a prácticas ascéticas e que merece unha veneración tanto en vida coma despois de morta, sobre todo no que se refire ás súas tumbas.
-
Persoa moi influínte nunha colectividade determinada.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos santóns.
-
Individuo do pobo santón.
-
Antigo pobo de orixe celta que habitaba en Saintonge, na Galia Occidental.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria situado na ría homónima (11.053 h [2001]). Na súa economía sobresae a pesca, a gandaría e as industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarto estado do Cretáceo Superior situado sobre o Coniaciano e baixo o Campaniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Santoniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos santóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lactona que se atopa en diversas especies do xénero Artemisia. Obtense das súas fontes naturais e emprégase en medicina como antihelmíntico. É, en cambio, tóxica e produce a miúdo xantopsia e trastornos gastrointestinais.
-
-
Libro que contén vidas de santos.
-
-
Lista de santos venerados na Igrexa.
-
Libro litúrxico que contén os textos propios das festas dos santos.
-
Parte do ano litúrxico que comprende as celebracións dos santos, en contraposición ao temporal.
-
-
-
ILLAS
Illa grega do Mar Exeo, a máis meridional das Cícladas (75 km2; 7.750 h [estim 1982]). Coas illas menores Thirasia, Apronisi, Pelea e Nea Kaimeni, constitúe a cova dun antigo cráter volcánico. O centro máis importante é Thēra, situada no cumio dunha das altas paredes que caen verticalmente sobre o mar. A poboación vive do turismo e da exportación de viño. Desenvolvida polos romanos foi, máis tarde, sede episcopal e pertenceu aos bizantinos, aos venecianos e ao ducado de Naxos. Ocupada polos turcos (1537), volveu novamente a Grecia na época da independencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano. Discípulo de Malphigi, especializouse en anatomía e describiu diversas cartilaxes, plexos e condutos. É un dos creadores da obstetricia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Tameirón (A Gudiña). O seu cumio acada 1.061 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada na costa atlántica, a 70 km da capital (412.243 h [1996]). É o porto do estado de São Paulo e o primeiro exportador do mundo de café.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do plural de santo, do latín sanctus, participio do verbo sancio, termo da linguaxe relixiosa e política que significa ‘facer sagrado ou inviolable, establecer solemnemente’, e de aí ‘ratificar, sancionar’. Coa chegada do cristianismo sanctus pasou de ‘consagrado a deus, venerable’ a ‘home que pola súa perfección participa de certas prerrogativas divinas e que algunhas igrexas cristiás elevan ao culto dos altares’, isto é, ‘santo’. Curiosamente este nome funciona en singular, aínda que o seu significado alude á colectividade dos santos anónimos. Tamén aparece rexistrado como apelido.
-
PERSOEIRO
Músico. Foi director da Banda de Música do Concello de Santiago de Compostela, da de Luarca, da Banda e Orquestra da Coruña e director da Coral Severo Ochoa. Membro do Colegio Nacional de Directores, das súas composicións destacan Libredón, Tambre-Antealtares, As nosas cousas, Xiradela, Rapsodias e Anduriña. Recibiu o Premio Nacional de Composición do Conservatorio Superior de Bilbao.
VER O DETALLE DO TERMO