"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Nome latino da constelación de Eridano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos eriocránidos.

    2. Insecto da familia dos eriocránidos.

    3. Familia de microlepidópteros. Presentan unha espiritrompa rudimentaria cunhas maxilas que non utilizan. As súas eirugas aliméntanse de follas e son ápodas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu Baiona durante a época romana. Mantívose ata que o Rei Afonso VIII lle outorgou en 1201 a carta de poboamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sueco. Membro do partido socialdemócrata desde 1928, foi ministro sen carteira (1944-1945), de Educación (1945-1946) e primeiro ministro (1946-1969). Promoveu o achegamento a Europa, e durante o seu mandato Suecia entrou na Organización Europea para a Cooperación Económica (OECE, 1948) e no Consello de Europa (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do länd de Baviera, Alemaña, na marxe dereita do río Pegnitz (100.750 h [2000]). A industria constitúe a base da súa economía, principalmente a electrónica, ademais da de elaboración de cervexa, papel, pintura e instrumentos musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de J. Massenet e de L. Delibes, en 1888 outorgáronlle o Premio Roma pola súa cantata Velleda. Compuxo diversas obras sinfónicas, óperas e un Réquiem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo estadounidense. Estudiou nas universidades de California e Johns Hopkins de Baltimore e foi profesor nas de Wisconsin (1906), Washington (1910) e Johns Hopkins (1946). Especializouse no estudo da presión arterial, das patoloxías do corazón e sobre todo do sistema nervioso central. En 1944 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía que compartiu con Herbert S. Gasser polos seus descubrimentos sobre a especificidade das funcións das fibras nerviosas. Publicou, en colaboración con H. S. Gasser, Electrical signs of nervous activity (Signos eléctricos da actividade nerviosa, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rois. A primitiva igrexa, de orixe románica, estivo situada en Augasantas e no 1719 construíuse a nova no lugar de Sabucedo. Ten planta de cruz latina. Na fachada principal destaca a fornela coa imaxe de san Martiño de Tours e a portada enmarcada polas imaxes de san Pedro e san Paulo. A espadana de dous vans construíuse en 1769.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa relixiosa que vive con austeridade, retirada do trato coa xente, e dedicada á oración e á meditación.

    2. Persoa que libremente elixe vivir afastada da xente.

    3. Persoa que coida dunha ermida ou santuario.

    4. Cangrexo da división dos anomuros, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira. Ten atrofiados os apéndices do lado dereito do abdome, que presenta pequenas espiñas coas que se fixa ao interior da cuncha, ademais de dous pares de patas reducidas que só colaboran na suxeición. Á parte do par de pinzas presentan dous pares de patas funcionais. Algúns órganos, como as glándulas dixestivas, as gónadas e os órganos excretores, preséntanse no abdome en vez de na posición orixinal no cefalotórax. Aliméntanse, xeralmente, de restos orgánicos. En caso de perigo, o cangrexo introdúcese na cuncha e só se pode ver, dende o exterior, parte das pinzas. Nas costas areosas ou lamacentas galegas están presentes os xéneros Clybanarius, Dardanus, Diogenes, Paguristes e Pagurus. Por ter un abdome mol, tamén recibe o nome vulgar de cu podre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán da rexión de Warmir, Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela que pertenceu a unha antiga fundación monástica que tivo o seu esplendor a mediados do s IX cando foi reedificada polo conde Gatón. No s X Ordoño II incorporouno á mitra compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro particular e dúplice que estivo situado en Santalla da Devesa (Ribadeo). Documéntase nunha doazón feita por Iquilo o 5 de xullo de 1002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de G. Verdi dividida en catro actos sobre texto de Francesco Maria Piave, baseada no drama homónimo de Victor Hugo. Estreouse en Venecia en 1844.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hannover (1837-1851), fillo de Xurxo III de Inglaterra e de Hannover. Á morte do seu irmán Guillerme IV de Inglaterra e de Hannover, herdou este último reino. Hostil ás ideas liberais, aboliu a Constitución de 1833 e promulgou outra moito máis autoritaria. Por temor á expansión revolucionaria, en 1848 consentiu algunhas reformas que anulou pouco despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ou hábito de escribir ou debuxar sobre temas sexuais. Son unha mostra característica os graffiti dos retretes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección esaxerada á actividade sexual por parte de persoas que, en principio, poden satisfacela libremente. No home recibe o nome de satiriase, e, na muller, de ninfomanía. Pode ser síntoma de enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen sofre erotomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vai dun lado a outro, sen unha dirección fixa, ou que cambia de situación.

    VER O DETALLE DO TERMO