ermitán -na

ermitán -na

(

  1. s

    Persoa relixiosa que vive con austeridade, retirada do trato coa xente, e dedicada á oración e á meditación.

    Sinónimos: eremita. Confrontacións: anacoreta, cenobita.
  2. s

    Persoa que libremente elixe vivir afastada da xente.

    Sinónimos: cenobita.
  3. s

    Persoa que coida dunha ermida ou santuario.

  4. s m [ANIMAL]

    Cangrexo da división dos anomuros, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira. Ten atrofiados os apéndices do lado dereito do abdome, que presenta pequenas espiñas coas que se fixa ao interior da cuncha, ademais de dous pares de patas reducidas que só colaboran na suxeición. Á parte do par de pinzas presentan dous pares de patas funcionais. Algúns órganos, como as glándulas dixestivas, as gónadas e os órganos excretores, preséntanse no abdome en vez de na posición orixinal no cefalotórax. Aliméntanse, xeralmente, de restos orgánicos. En caso de perigo, o cangrexo introdúcese na cuncha e só se pode ver, dende o exterior, parte das pinzas. Nas costas areosas ou lamacentas galegas están presentes os xéneros Clybanarius, Dardanus, Diogenes, Paguristes e Pagurus. Por ter un abdome mol, tamén recibe o nome vulgar de cu podre.