"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Partido Conservador, loitou pola independencia de Chile. Ao constituírse a nova república, elixírono presidente do Congreso (12.12.1823). Foi vicepresidente interino da República (1831), senador (1831-1834) e presidente do Congreso (1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Acusárono de participar no motín de San Felipe (1850) e no encabezado polo coronel Pedro Urquiola (1851), polo que foi condenado a morte, pena da que resultou absolto. Membro do Partido Liberal, foi ministro de Xustiza, Culto e Instrución Pública (1864), ministro de Guerra e Mariña (1866) e presidente da República (1871-1876). No seu mandato tivo lugar a creación do ministerio de Relacións Exteriores e a reforma constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi intendente de Madrid (1815) e de Catalunya (1816-1818). Formou parte do goberno de Fernando VII, e tras opoñerse á Pragmática Sanción, apoiou a Carlos María Isidro, que o nomeou ministro universal (1836). Despois do Convenio de Bergara (1839), exiliouse en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao erteboliano.

    2. Cultura de cazadores-colleiteiros estendida polo N de Europa (5500 a C-3000 a C), que conservaron unha forma de vida depredadora nun contexto neolítico. O nome deriva do xacemento de Ertebölle. Adoptaron o uso da cerámica pero non a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Voronež 1855 - Kalinin 1908) Escritor ruso. Na súa obra reflectiu a vida campesiña. Da súa produción destaca Gardeniny, ikh dvorná, priveržency i vragi (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. En 1938 abandonou Italia e, en 1941, trasladouse a Los Angeles onde traballou nun laboratorio fotográfico e comezou a realizar as súas primeiras imaxes. En Nova York coñeceu a Robert Capa e Edward Steichen, quen lle conseguiu o seu primeiro emprego como fotógrafo. Traballou para a axencia Magnum a partir de 1953 e tamén como fotógrafo independente. En 1946 publicou as súas instantáneas sobre cans e zapatos femininos na revista The New York Time Sunday Magazine. Coas imaxes que obtivo en 1957 da conmemoración da Revolución de Outubro en Moscova realizou unha serie para a revista Life. Especializado tamén nos retratos, destacan as imaxes de Richard Nixon, Gadafi e Marilyn Monroe. A súa obra está exposta no MOMA de Nova York e na Portrait National de Londres, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra do NO do Peloponeso, Grecia, cunha altitude máxima de 2.221 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novelas en que se describe a formación dun individuo durante a fase inicial da súa vida ao cargo dun titor ou dun mestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, na rexión da Anatolia Oriental, Turquía, na marxe dereita do río Karasu (102.304 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il da Anatolia Oriental, Turquía (11.413 km2; 306.900 h [1990]). A súa capital é Erzincan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua que pertence á familia lingüística edoide, do grupo benue-congo do phylum níxer-congo, que se fala en Nixeria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Derrubar a auga un muro de contención ou calquera valo.

    2. Abrir un cerrado de forma violenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rachar violentamente unha peza de roupa ou un anaco de tea.

    2. Destrozar unha cousa ata deixala inutilizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formarse un barranco por efecto das augas de arroiada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer manchas ou borranchos nun escrito ou debuxo.

    2. Facer trazos mal feitos ou garabatos nunha superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que perdeu a súa cor natural e tira a branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio de mesa amodo de tenaces que se emprega para partir a casca de noces, abelás e outros froitos secos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica do submarinismo con escafandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de aparellos que permiten que unha persoa poida permanecer somerxida na auga cunha certa autonomía. Cabe distinguir entre o escafandro clásico (que recibe o aire dende a superficie mediante un tubo) e o escafandro autónomo (que leva o subministro de aire incorporado). Nos escafandros autónomos, o aire chega ao submarinista a través de dous tipos de circuítos: o circuíto aberto, que emprega o aire almacenado nunha ou máis bombonas (aire que se reduce á presión apta para a respiración e que se evacúa unha vez expelido polo submarinista) e o circuíto pechado, que consta dun depósito alimentado polo osíxeno das bombonas e provisto dunha pequena cantidade de cal sodada que purifica o aire expirado. As bombonas deste tipo tamén poden almacenar unha mestura de helio, osíxeno e nitróxeno, feito que lle permite ao submarinista mergullarse máis profundamente e durante máis tempo (sempre controlando os períodos de descompresión). O escafandro acoirazado,...

    2. Equipo empregado polos astronautas nas súas saídas ao exterior dos vehículos espaciais que os envolve nun medio adecuado para as funcións humanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e ilustrador. Introduciu a caricatura política en México e realizou ilustracións críticas sobre a historia mexicana. Publicou litografías na revista La Orquesta (1861-1968). Das súas obras destaca o álbum Glorias nacionales.

    VER O DETALLE DO TERMO