erteboliano -na

erteboliano -na

(< topónimo Ertebölle)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao erteboliano.

  2. s m [PREHIST]

    Cultura de cazadores-colleiteiros estendida polo N de Europa (5500 a C-3000 a C), que conservaron unha forma de vida depredadora nun contexto neolítico. O nome deriva do xacemento de Ertebölle. Adoptaron o uso da cerámica pero non a agricultura.

Palabras veciñas

Ershad, Hossain Mu | Erte | Erté | erteboliano -na | Ertel’, Aleksandr Ivanovi | ERTS | ertzaina*