"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Industrial. Emigrou a La Habana onde comezou a súa actividade empresarial que continuou en Nova York, onde casou con Irene Ceballos Sánchez (1877). Xunto con X. García Barbón, fundou a Sociedad de Beneficencia de Naturais de Galiza (1871), que se constituíu como a primeira sociedade de emigrantes galegos do mundo. Defensor da promoción da cultura e da arte, achegouse aos círculos liberais. Deixou toda a súa fortuna á cidade de Vigo, establecendo no seu testamento a doazón dun terreo para a construción do que foi o primeiro instituto de ensino gratuíto, -o Santa Irene-, en honor á súa muller, así como un hospital de caridade nas aforas da cidade. Tamén cedeu unha importante colección de arte dos ss XVII e XVIII, que se preserva no Museo Quiñones de León de Vigo. Aínda que faleceu en París, os seus restos foron trasladados a Vigo en 1891.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada próxima ás fronteiras con Rio Prêto (263.454 h [1991]). É o centro comercial dunha rexión agrícola que produce café, algodón, arroz e legumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de São Tomé e Príncipe situada ao N da illa de São Tomé (43.420 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de África situado no golfo de Guinea (1.001 km2; 149.000 h [estim 2001]). A súa capital é São Tomé, na illa homónima.
    Xeografía
    O país comprende as illas de São Tomé, Príncipe e diversos illotes, a maioría deles deshabitados. No seu relevo destaca o cumio de São Tomé que acada os 2.024 m de altitude. O clima é cálido e húmido. Hai cultivos de cacao, café, coco, bananas, copra, mandioca e millo, así como gando bovino, ovino, caprino e porcino. Tamén teñen importancia a pesca e as manufacturas de cervexa e outras bebidas, xabón, produtos alimentarios e madeira escuadrada. As comunicacións son deficientes, e o aeroporto é o de São Tomé. Os portos principais son Ana Chaves e São António. Impórtanse principalmente produtos alimentarios de Portugal, Alemaña e España, a cambio de cacao para Alemaña e Países Baixos. A balanza é negativa. São Tomé concentra o 95% da poboación. A unidade monetaria é a dobra.
    ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal, vexetal ou microorganismo que vive e se nutre de animais ou plantas mortas, e de todo tipo de restos orgánicos en descomposición ou descompostos, nos que atopa o alimento carbonado. Se ten clorofila e pode chegar a prescindir desta materia orgánica denomínase saprófito facultativo ou hemisaprófito, e no caso contrario, saprófito obrigado ou holosaprófito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e compositor. Estudou con D. Alard en París e actuou por Europa e América. Das súas obras destacan Aires bohemios (1863), Danzas españolas (1878), Muiñeira op.13 (1885), Jota de San Fermín (1894) e Zortzico (1898). Recibiu o primeiro premio do Conservatoire de París (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de New York, EE UU, situada ao lado do lago Saratoga, e ao N de Albany (26.186 h [2000]). É un balneario e lugar de veraneo, célebre polas súas augas medicinais. En 1777 o xeneral H. Gates venceu as tropas británicas, comandadas por Burgoyne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (892.000 h [estim 1999]). Porto fluvial sobre o Volga, ten industrias de construcións mecánicas, electrotécnica, química, petrolífera, da madeira e alimentaria. Fundada en 1590 como cidade fortaleza, foi un centro comercial do Volga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (100.200 km2; 2.719.000 h [estim 1999]). A súa capital é Saratov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación quística que pode presentarse no tecido muscular dalgúns animais, como por exemplo o porco, os ruminantes e o cabalo, a consecuencia da parasitación de sarcosporídeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado morboso que se caracteriza pola formación de sarcomas múltiples.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sarcoma.

    2. Que ten os caracteres do sarcoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácaro da sarna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, trece besantes de ouro, colocados en tres paus de catro, cinco e catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual publicada pola Universidade de Vigo a partir de 1997. Subtitulouse “Anuario Galego de Historia da Educación”. Inclúe ensaios e traballos sobre a pedagoxía e a historia da educación, con particular atención a Galicia. O seu consello editor está conformado polos profesores universitarios galegos con docencia no campo da educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Dereito pola Universidad de Oviedo, especializouse en xornalismo deportivo e desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional en Asturias, nos xornais Región, La Voz de Asturias ou La Nueva España. Colaborador de publicacións como El Noticiero Universal, La Voz de Galicia, La Voz de Madrid e Marca, e do espazo radiofónico Cabalgata Fin de Semana, foi redactor xefe de Informaciones (1965) e un dos fundadores e redactor xefe de AS (1967), do que foi subdirector (1975) ata a súa xubilación (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Nobre, primeiro conde de Gondomar, fillo de García Sarmiento de Soutomaior. Foi gobernador de Baiona, cabaleiro da orde de Calatrava (1593), corrixidor de Toro (1597), contador maior do reino (1600), corrixidor de Valladolid (1602-1605), membro do Consello de Portugal (1609), embaixador en Londres (1613-1617 e 1620-1622), conselleiro de Estado (1623) e gobernador e capitán xeneral do Reino de Galicia (1625). En 1623 obtivo a recuperación do voto en Cortes do Reino de Galicia. Humanista, bibliófilo e mecenas, restaurou e ampliou a torre e o pazo de Gondomar e protexeu os irmáns García de Nodal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, historiador e cosmógrafo. Explorou con Álvaro de Mendoña o Pacífico Sur (1567-1569) e descubriu as illas Salomón. Explorou o estreito de Magallanes (1579) e en 1584 fundou as cidades de Nombre de Jesús e Rey Don Felipe. Foi o primeiro que empregou a distancia angular do Sol á Lúa para determinar a latitude no mar. Como cartógrafo, sinalou a situación de Australia e determinou as correntes do Pacífico sur. Escribiu, entre outras obras, Relación y derrotero al estrecho de Magallanes e Historia Indica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Profesou no convento beneditino de Samos, onde foi abade e xeneral da orde (1721), ademais de bispo de Jaca (1728) e Mondoñedo (1728-1751). Foi o primeiro en realizar a ofrenda ao apóstolo Santiago con Oración panegírica que en la solemme oferta que en nombre del serenísimo Príncipe de Asturias nuestro señor, tributó y dijo en su templo al Apóstol Santiago el Mayor... (1734). Escribiu tamén Manifesto canónico, legal y apologético... (1742).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e funcionario, conde de Salvatierra e señor de Sobroso. Vicerrei de Nova España (1642-1648), dirixiu unha expedición a California con poucos resultados e fundou a cidade de Salvatierra (1647). Foi vicerrei de Perú (1655-1678).

    VER O DETALLE DO TERMO