Sarmiento

Sarmiento
[PUBLIC]

Revista anual publicada pola Universidade de Vigo a partir de 1997. Subtitulouse “Anuario Galego de Historia da Educación”. Inclúe ensaios e traballos sobre a pedagoxía e a historia da educación, con particular atención a Galicia. O seu consello editor está conformado polos profesores universitarios galegos con docencia no campo da educación.