sármata

sármata

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos sármatas.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo sármata.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo iránico que procedía de Caucasia e da actual Ucraína e que se estableceu entre o Vístula e o Volga. Coñecidos por Herodoto e Ptolomeo, na época postalexandrina anularon aos escitas (200 a C). Ocuparon as terras do alto e medio Danubio e foron dominados polos godos (ss III-IV). Divídense xeograficamente en tribos de diversas características étnicas: estonianos, eslavos e xermánicos. Xunto cos godos e os hunos, baixo Radagais, entraron en Italia (405).

Palabras veciñas

šarī’a* | Sark | Sarkozy, Nicolas | sármata | sarmático -ca | Sarmiento | Sarmiento