šarī’a*
šarī’a*
s
f
[RELIX/DER]
Lei canónica do Islam. Fundamentada na revelación contida no Alcorán, na sunna e nos ḥ adī ṯ , regula o conxunto de actividades públicas e privadas de todo fiel musulmán. No seu sentido máis técnico designa o conxunto da lei canónica tal como a presentan os textos elaborados nas catro escolas de dereito coñecidas como as ortodoxas do Islam (hanefita, malikita, xafiita, hanbalita). Está vixente, en teoría, en todos os países islámicos, aínda que nos primeiros tempos da expansión musulmá complementouse con outras leis, que non son competencia do cadi. Modernamente, adoptáronse leis de tipo occidental, sobre todo na adecuación do código penal e na fixación de impostos.