"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Elemento metálico pertencente ao grupo III B da táboa periódica, de número atómico 21, masa atómica 44,9, cor gris clara e estado de oxidación +3. Ao expolo ao aire, desenvolve unha capa amarelada ou rosácea. Localízase cristalizado no sistema hexagonal compacto. É un elemento máis abundante no Sol (lugar vintetrés) ca na Terra (lugar cincuenta). En 1871, D. I. Mendelejev predixo a súa existencia -denominándoo eka-boro- e, oito anos despois, Nilson e Cleve illárono da gadolinio mineral localizada en Ytterby (Suecia). O principal mineral do que se extrae é a thortveitita, que se localiza en Noruega e Madagascar. O metal obtense pola acción simultánea do cloro e do carbono a 800°C sobre o mineral e ao disolver os cloruros formados en auga, que se separan ao pasaren a través de resinas intercambiadoras de ións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pronunciar un verso marcando de forma distinta os pés que o compoñen.

    2. Falar descompoñendo as palabras en sílabas que se pronuncian separadamente. É un trastorno que se manifesta en enfermidades neurolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de escanear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasar polo escáner.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten as pernas fracas.

    2. Que leva as pernas ao aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de aparellos de natureza e aplicación moi diversa que teñen en común, sen embargo, o feito de aplicar unha técnica de exploración sistemática baseada no varrido dun determinado obxecto. Pode realizarse cun feixe de luz, branca ou coherente, de raios X, de electróns ou doutro tipo de radiacións; o rebote destas, captado por un detector, transfórmase en sinal electrónico (dixitalizado) e, despois de ser tratado por un ordenador, convértese nunha imaxe transformada do obxecto orixinal. Entre outras aplicacións, esta técnica emprégase nos analizadores cromáticos de varrido, utilizados en artes gráficas para producir directamente fotólitos das tres cores básicas, e na tomografía axial por ordenador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar unha cousa inservible rompendo ou separando as súas partes.

    2. Facer que alguén perda as forzas ou se canse en exceso.

    3. Danar fisicamente a unha persoa ou animal.

    4. Romperse en partes ou quedar inservible algunha cousa.

    5. Cansarse ou fatigarse moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län do S de Suecia, que comprende os condados de Kristianstad e Malmöhus (11.027 km2, 1.120.426 h [estim 1999]). A capital é Malmö. É unha das zonas máis fértiles de Suecia. Entre os principais produtos agropecuarios que produce destacan a carne, os cereais e as patacas. Tamén son importantes o comercio e a industria. Formou parte do reino dinamarqués dende o s IX. Contaba cunha asemblea lexislativa (ting) propia na cidade de Lund, que lexislaba segundo as súas normas e participaba na elección dos monarcas dinamarqueses. Lund converteuse en sé arcebispal e primada da provincia eclesiástica do N, ao redor do 1103. Pola súa estratéxica situación foi cobizada polos suecos, que conseguiron a súa incorporación polo Tratado de Roskilde (1658). Baixo o goberno dos suecos conservou o seu propio parlamento e as súas normativas (1658-1720). A rexión dividiuse en tres provincias administrativas sometidas ao goberno sueco (1809): Skåne, Halland e Blekinge. A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título que recibe desde o s XIX o príncipe herdeiro de Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Banco con respaldo e capacidade para varias persoas, que adoita estar situado ao pé da lareira. Algúns deles levan incorporado unha armazón de madeira que sobe e baixa e, ao mesmo tempo, serve de mesa para xantar ou cear a carón do lume.

      2. Calquera asento de madeira.

      1. Asento que ocupan os deputados e senadores nas cámaras lexislativas.

      2. Posto de parlamentario.

    1. Féretro común, en forma de caixa longa, que leva incorporadas dúas varas na parte dianteira e dúas na traseira para poder transportar a ombreiros, cara ao cemiterio, os defuntos.

    2. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘peso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘barbería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘barbear’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de escandir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao que leva nun dos extremos unha lingüeta de cobre que xira, e que se emprega como regra ou patrón para trazar as liñas e comparar os ángulos baixo os que se deben serrar ou labrar as pezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer bocas no pan ou nunha peza de cerámica quitándolle anaquiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precipitación de sarabia acompañada de vento frío do N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tempo moi frío.

    VER O DETALLE DO TERMO