escáner

escáner

(

s m [TECNOL/INFORM]

Serie de aparellos de natureza e aplicación moi diversa que teñen en común, sen embargo, o feito de aplicar unha técnica de exploración sistemática baseada no varrido dun determinado obxecto. Pode realizarse cun feixe de luz, branca ou coherente, de raios X, de electróns ou doutro tipo de radiacións; o rebote destas, captado por un detector, transfórmase en sinal electrónico (dixitalizado) e, despois de ser tratado por un ordenador, convértese nunha imaxe transformada do obxecto orixinal. Entre outras aplicacións, esta técnica emprégase nos analizadores cromáticos de varrido, utilizados en artes gráficas para producir directamente fotólitos das tres cores básicas, e na tomografía axial por ordenador.