"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Mestra e escritora. Exerceu a docencia e fundou e dirixiu varios colexios en Vigo e Pontevedra. Así mesmo, fundou a revista El Ángel del Hogar e foi secretaria en España da revista L’Envolée. De tendencia romántica, empregou o pseudónimo de Margarita del Campo. Da súa produción destaca o poema en galego “Meu Leres” e as obras Lirios (1897), Acuarelas (1905), La quinta de los lagos (1907), Villa Rosalba (1909), El país de las camelias (1910), Cuentos de color amatista (1914), A orillas del Mosa (1920), Cuentos de color de nieve (1926), Memorias de una muñeca (1929) e La secretaria del doctor Misterio (1942). Foi membro da Association Litteraire Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Asinou algúns dos seus artigos co pseudónimo Fr Cándido de la Caridad no xornal satírico El Esquilón (1861). Despois de colaborar na redacción de El Alerta (1864-1865) de Pontevedra, dirixiu La Revista (1867-1868) e La Crónica (1872-1873). Publicou: Geografía astronómica, física y política de la provincia de Pontevedra (1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abrir ou separar moito as pernas.

    2. Poñerse coas pernas moi abertas ou ás carranchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arco escarzano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wolfran von Eschenbach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano, fillo de Publio Cornelio Escipión. Elixido por votación popular xefe do exército romano en Hispania, tralo desembarco en Tarraco (210 a C) estableceu alianzas cos indíxenas e aproveitouse da dispersión dos cartaxineses para conquistar Cartago Nova (209 a C). Derrotou a Asdrúbal en Bécula (208 a C) e conseguiu a vitoria en Ilipa (206 a C), feito que permitiu a captura de Gades e a fin do dominio cartaxinés en Hispania. Nomeado cónsul (205 a C), trasladouse a Sicilia para continuar a guerra contra os cartaxineses en África. Nomeado procónsul ao ano seguinte, aliouse co Rei Massinisa e puxo fin á Segunda Guerra Púnica trala derrota de Aníbal na Batalla de Zama (202 a C). Participou como legado na campaña contra Antíoco III de Siria e concertou un tratado de paz (190 a C) que o enfrontou cun sector do Senado. Pola súa vitoria concedéronlle o título de Africano (201 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano, fillo adoptivo de Publio Cornelio Escipión Africano. Abandonou o partido dos Escipións para unirse ao dos patricios. Participou na Terceira Guerra Púnica como tribuno militar e, tralo seu nomeamento como cónsul, dirixiu o ataque definitivo contra Cartago para destruíla (146 a C). Organizou a provincia romana do Norte de África. Elixido de novo cónsul (134 a C), foi enviado a Hispania trala desfeita do cónsul Caio Hostilio Mancino no cerco de Numancia. Cercou a cidade (134 a C-133 a C) e, despois de rendela pola fame, arrasouna e pacificou a Meseta. Á súa volta a Roma, enfrontouse cos membros do partido popular pola lei agraria e foi asasinado. Formou ao seu redor un grupo, no que se incluían Polibio e Terencio, que difundiu a cultura grega en Roma. Recibiu os apelativos de Segundo Africano, trala vitoria sobre Cartago, e Numantino, pola súa vitoria en Hispania (132 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio único do Triásico inferior correspondente ao dominio alpino, comprendido entre o Pérmico e o Anisiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Escitiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e físico francés. Astrónomo no Observatorio de Bordeos (1905), foi nomeado profesor da facultade de Ciencias de Estrasburgo (1919) e director do Observatorio de París (1929). Investigou, no eido da física, as ondas infrasónicas e os campos gravitatorios, no das matemáticas, as funcións case periódicas, e, no da astronomía, a refracción atmosférica e os cometas. Ademais estudiou as condicións nas que un astronauta pode ser liberado da gravidade terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. A partir de 1977 dedicouse ao ensino da fotografía na escola de deseño Eina de Barcelona, que combinou co seu labor de fotógrafo independente. Das súas series de fotografías destacan Nosus (1985), Aquariana (1988), Barcelona, ciutat imaginada (1988), premiada en Arlés, e Trencadis. Publicou Flor de Claus (1994), con textos de Joan Brossa, e Aquariana (1994). Expuxo na Fundació Joan Miró de Barcelona, no Centro de Arte Reina Sofía de Madrid e en Londres, Nova York e Toquio. Participou na III edición da Fotobienal de Vigo (1988) e na mostra itinerante sobre a obra de Gaudí que percorreu diversas capitais europeas (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Representou nas Cortes o distrito de Celanova entre 1876 e 1879. Formou parte das comisións da Carreira Administrativa do Estado, de Garantías Constitucionais, dos Catedráticos, da Reforma do Código Penal e do Ferrocarril Ourense-Tui. Foi deputado por Almansa (1879-1881) e senador representante da Sociedad Económica de Madrid (1884-1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Preceptista e helenista. Doutorouse en Artes en París (1536) e en Medicina (antes de 1545) en Barcelona. Desde 1545 foi catedrático de Retórica e de Grego na Universitat de Barcelona. Renovou os métodos de ensino e introduciu no plan de estudios dúas obras de Erasmo de Rotterdam, Colloquia e Sintaxi. Editou, con finalidade pedagóxica, Gestorum romanorum epitome, de L. Florus, e os Progymnasmata, de Aftonio de Antioquía. Deixou inacabada unha nova versión latina da Retórica de Aristóteles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Intérprete da copla, fixo famosos temas como Mi carro, Que viva España. Da súa discografía destacan os traballos Coraje (1988), Los peces en el río (1988), Mi carro (1988), Porompompero (1988), Rumba pa ti (1990), Cocidito madrileño (1990), 60 coplas de oro (1996) e De puerto en puerto (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Protexido do príncipe de Éboli, foi nomeado por Filipe II alcaide do castelo de San Felipe e Casas Reales de Santander. En 1575 o rei nomeouno secretario de Xoán de Austria para informar dos actos e proxectos deste como gobernador de Flandres. Opúxose á princesa de Éboli e a Antonio Pérez e obtivo probas de que ambos vendían cargos públicos e segredos de Estado, polo que foi mandado asasinar polo secretario real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e sociólogo. Licenciado en Dereito e Filosofía pola Universidad Complutense de Madrid, foi profesor de filosofía e metodoloxía da ciencia na UNED. A súa investigación centrouse no estudo das drogas e colaborou de forma asidua cos xornais El País e El Mundo. Entre as súas obras destacan Marcuse: utopía y razón (1969), De physis a polis: la evolución del pensamiento filosófico griego de Tales a Sócrates (1975), Historias de familia: cuatro mitos sobre el sexo y el deber (1978), Filosofía y metodología de las ciencias (1987), Historia general de las drogas (1989-1990), El libro de los venenos (1990), El espíritu de la comedia (1991), Las drogas de ayer a mañana (1994), Formación del profesorado de filosofía y de ciencias sociales (1996), La cuestión del cáñamo: una propuesta construtiva sobre el hachís y la marihuana (1997) e Caos y orden (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político. Foi cóengo de Zaragoza (1767-1789) e preceptor do futuro Fernando VII. Interveu nas negociacións que levaron á abdicación de Fernando VII (1808) e nas que o liberaron (1814). Membro do consello de Estado, perdeu pronto o favor do rei e foi desterrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola agrícola que se puxo en marcha na Granxa de Barreiros de Ortoá (Sarria), baixo o impulso do empresario agrícola Antonio Fernández López (1903-1971) e do mestre galeguista e renovador Avelino Pousa Antelo (1914). Ambos os dous estaban convencidos de que a transformación social e económica do medio rural podía comezar pola escola se esta lograba dedicar o tempo necesario á formación dos nenos dos labradores partindo do seu propio sistema de vida e do coñecemento práctico e efectivo do medio rural natural e social. Con este obxectivo o 1 de febreiro de 1948 inaugurouse a Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros, totalmente gratuíta para os escolares da parroquia. As clases repartíanse en sesións de mañá, tarde e noite, seis días á semana. Para que a escola fose eficaz en relación co medio circundante, esta tiña que preparar os alumnos e darlles coñecementos en diversos campos, entre eles, no das técnicas agropecuarias. Estas realizábanse in situ nos campos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola poética que desenvolveu a súa actividade na corte de Federico II de Sicilia (1194-1250); este emperador, ademais de fundar a Universidade de Nápoles (1224), fixo da súa corte un dos centros culturais máis importantes da Idade Media, berce dunha escola poética que tivo o seu momento máis destacado entre os anos 1240 e 1250. A lingua na que se expresaban os poetas desta escola era o siciliano ilustre, koiné empregada con independencia da procedencia dos autores); sen embargo, a maior parte dos textos ofrece, a causa da intervención dos copistas, unha forma lingüística fortemente toscanizada (a canción “Pir meu cori alligrari” de Stefano Protonotaro é a única que se conserva integramente en siciliano). Case todas as composicións sicilianas se transmitiron en manuscritos toscanos, copiados a finais do s XIII: Canzoniere Laurenziano Rediano 9 (L), con 144 folios repartidos en 18 cadernos e confeccionado en Pisa (nun segundo momento un copista florentino engadiu textos nos espacios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imprenta creada en 1855 polo Concello de Santiago, destinada á formación profesional dos hospicianos e a cubrir a demanda de material impreso do propio concello. Principiou o seu funcionamento en 1856, baixo a dirección de Juan Rodríguez Vielsa, grazas á axuda económica prestada polos irmáns e docentes Teodoro e Ramón Varela de la Iglesia. Chamada inicialmente Imprenta da Casa Hospicio, posteriormente denominouse Escola Tipográfica do Hospicio. Mantivo a súa actividade ata os primeiros anos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO