"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

    1. Aplícase á vaca parideira.

    2. Terreo onde se sementa o millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é novo, espelido e lle gusta a festa.

    2. Ave migratoria que vive nos milleirais e come millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda de prata cuñada por Diocleciano, Constantino o Grande e Heraclio. Converteuse na moeda de prata bizantina e desapareceu no s XI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleógrafo, historiador, latinista e bibliógrafo. A súa obra destacou polos estudos sobre diplomacia castelá, historia de Madrid, Canarias e América e tamén polos traballos sobre paleografía visigótica e hispano-americana. Escribiu Tratado de paleografía española (1929 e 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Comezou cultivando a pintura tradicional e evolucionou cara ao surrealismo a partir de 1948, influído por J. Torres García e J. Miró. Foi un dos fundadores do grupo El Paso e difundiu a arte moderna na súa comunidade de orixe. Realizou obras con imaxes abstractas en branco e negro ou negro e vermello. Pintou Animal de fondo (1963) e Antropofauna (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica da Idade de Bronce ibérica (2500-1900 a C) que se desenvolveu en Santa Fe de Mondújar (Almería). Dos poboados destaca o xacemento de Los Millares, un dos máis representativos do megalitismo da Península Ibérica; está protexido por tres murallas datadas cara ao 2340 a C, e contén unha gran necrópole con máis de 100 tumbas. ; Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Avión, no concello homónimo. O seu cumio acada os 601 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santa Comba de Orizón (Castro de Rei). O seu cumio acada os 631 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre dunha mesquita desde onde o muecín chama aos fieis á oración, segundo os preceptos do Islam. Está situada na zona de entrada da mesquita e a súa estrutura é vertical, de planta cadrada ou rectangular, con varios andares e cun ou varios balcóns, desde onde se fai a chamada ao culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Pedras en Lesón (A Pobra do Caramiñal). Data do s XIV e está construída en cantaría e cachotaría con arcos de medio punto. Ten un só van e sitúase no antigo Camiño Real do Caramiñal a Lesón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. Traballou no Atlanta Journal (1922-1926) e escribiu unha única obra, Gone With the Wind (1936, premio Pulitzer, 1937), dun grande éxito, que foi levada ao cine en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de tecidos de superficie acanalada ou de gran moi pronunciado nos que se dá un acabado que produce unhas augas irregulares que cambian coa luz. Serve para facer forros, ornamentos eclesiásticos e tapizarías.

    2. Defecto que se produce na impresión polícroma, a causa dunha superposición debida a unha inclinación incorrecta das tramas.

    3. Efecto óptico que consiste na aparición de bandas ou de zonas alternativamente claras e escuras, cando se superpón un conxunto de curvas xeométricas equidistantes a un primeiro conxunto de curvas xeométricas equidistantes, sendo a distancia entre as curvas deste conxunto lixeiramente diferente da distancia entre as curvas do conxunto superposto. O fenómeno non é de orixe interreferencial, senón que é un análogo óptico da batedura dunha onda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Oficial da Mariña e enxeñeiro de formación, ocupou os cargos de correspondente, delegado, redactor, xefe e subdirector da Axencia EFE en distintos países. Director da publicación de carácter científico Ciencia y Divulgación, foi director na UE do Centro Iberoamericano de Comunicación y Estudios Sociales (CICES) e colaborador habitual en El Correo Gallego e Galicia Hoxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado en La Campiña (2.688 h [2001]). A súa economía baséase nas actividades do sector primario, agricultura e gandaría; tamén hai lagares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 901 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Deuse a coñecer como prosista coa novela pedagóxica rousseauniana Eusebio (1786 - 1788). Tamén publicou Odas de Filópatro (1778-1779), El Antenor (1788) e Mirtilo o los pastores trashumantes (1795).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De formación autodidacta, cultivou o debuxo e a pintura de paisaxes, bodegóns, nus e retratos nun estilo impresionista. Entre 1978 e 1985 a súa obra calificouse de construtivista e desde entón achegouse ao expresionismo abstracto para orientarse despois cara á abstracción pura. O seu trazo é amplo e enérxico e o cromatismo sobrio. Destaca o seu libro de debuxos Calles y rincones de Vigo (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Catedrático de Lingua e Literaturas Latinas da Universidad de Oviedo (1975-1991) e de Filoloxía Latina na Universidad de Alcalá de Henares (1991), é doutor en Letras Clásicas pola Universidade de Boloña. Membro da Sociedad Española de Estudios Clásicos, da Sociedad Española de Lingüística e da Asociación Española de Literatura Comparada, é asesor da Biblioteca Clásica Gredos. Das súas obras destacan Notación de la aspiración consonántica en el latín de la República (1968), El Cancionero de Ripoll en el marco de la lírica mediolatina (Premio Menéndez Pelayo do Institut d’Estudis Catalans, 1973), Notas al texto de los Carmina erótica Rivipullensia (1975), Cantidad y estrutura silábica en la gramática antigua (2000) e Problemas de la originalidad de Horacio (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Gregas na Universidade de Santiago de Compostela, é membro da Sociedad Española de Estudios Clásicos, da Sociedad Española de Lingüística e da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Das súas obras destacan a participación no Dicionario Griego-Español, dirixido por Rodríguez Adrados, Sonantes y griego micénico (1973), Gramática de las inscripciones délficas (1973), A lingua galega hoxe (1976), As paráfrases do grego en Cabanillas (1977), O bilingüismo e os seus problemas (1980), Gallaecia y sus etimologías (2002) e Topónimos y leyes de Galicia (2003), ademais de numerosas traducións do grego ao galego. Recibiu o Premio Fernández Latorre (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Catedrático de Historia da Arte Antiga e Medieval na Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Arte Medieval na Harvard University ata 1997, as súas investigacións centráronse na arte medieval, na escultura románica e gótica, na iconografía e na arte do Camiño de Santiago. Foi membro do comité para a elaboración do corpus da pintura mural románica española. Da súa obra destacan La primitiva fachada norte de la catedral de Santiago (1969), Escultura gótica en Galicia (1200-1350) (1975) e o libro homenaxe Patrimonio artístico de Galicia y otros estudios (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO