moaré
(< fr moiré)
-
s
m
[TÉXT]
Conxunto de tecidos de superficie acanalada ou de gran moi pronunciado nos que se dá un acabado que produce unhas augas irregulares que cambian coa luz. Serve para facer forros, ornamentos eclesiásticos e tapizarías.
-
s
m
[GRÁF]
Defecto que se produce na impresión polícroma, a causa dunha superposición debida a unha inclinación incorrecta das tramas.
-
efecto moaré
[FÍS]
Efecto óptico que consiste na aparición de bandas ou de zonas alternativamente claras e escuras, cando se superpón un conxunto de curvas xeométricas equidistantes a un primeiro conxunto de curvas xeométricas equidistantes, sendo a distancia entre as curvas deste conxunto lixeiramente diferente da distancia entre as curvas do conxunto superposto. O fenómeno non é de orixe interreferencial, senón que é un análogo óptico da batedura dunha onda.