"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

    1. Expresión ou dito irónico.

    2. Picadura producida polo ferrete dun insecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. aguillón.

    2. Peza, xeralmente metálica ou de plástico, dos extremos dos amallós, que ten como finalidade facilitar a súa introdución polos buratos do calzado.

    3. Aro de arame que se lle coloca aos porcos no fociño para que non focen.

    4. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘criado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ferraxería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘traballar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de A. Pugin, as súas obras son de estilo neogótico. Traballou na restauración da catedral de Wells, onde foi arquitecto diocesano. Foi autor de Recollections of A. W. N. Pugin and his father Augustus Pugin (Recordos de A. W. N Pugin e o seu pai Augustus Pugin, 1861).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo e colaborador de Pietro da Cortona, finalizou as obras que este comezara no palacio Pitti de Florencia (1659-1665). Das súas obras destacan os frescos da cúpula da igrexa de Santa Agnese en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que indica a presenza de ferro trivalente (Fe3+).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido ferricianhídrico.

    2. Ácido que deriva formalmente do anión hexacianoferrato(III), de fórmula [Fe(CN) 6 ] 3- .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos sales que derivan do anión hexacianoferrato(III), de fórmula [Fe(CN)6]3-. Os ferricianuros obtéñense tratando un sal de ferro(III) cun exceso de cianuro alcalino, segundo a reacción Fe2(SO4)3+12KCN "Times New → 3K2SO4+2K3Fe(CN)6. Tratando un ferricianuro soluble con Fe2+ obtense o ferricianuro ferroso, ou azul de Turnbull.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ferro.

    2. Que contén ferro.

    3. Aplícase aos compostos de ferro no que este ten unha valencia ou número de oxidación de +3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo escocés. Formado na University of Edinburgh (1825-1827), graduouse en artes na University of Oxford en 1831 e trasladouse pouco despois a Heidelberg para estudar a filosofía alemana. Foi profesor de historia na University of Edinburgh (1842) e de filosofía moral e política económica na University of Saint Andrews (1845). Defendeu unha concepción da filosofía sistemática polo que a dividiu en epistemoloxía ou ciencia do coñecemento verdadeiro; en agnoseoloxía ou ciencia da verdadeira ignorancia; e en ontoloxía ou ciencia do que existe realmente. Das súas obras destacan Institutes of metaphysic: the theory of knowing and being (Institucións metafísicas: teoría do coñecemento e do ser, 1854) e Lectures on Greek Philosophy and other philosophica remains (Lección de filosofía grega e outros restos filosóficos, 1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado na Pobra do Brollón que pode identificarse co de San Salvador de Ferreiros ou Ferreira. Documéntase nun preito pola súa propiedade datado en 1001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo suízo. Profesor da Universidade de Xenebra (desde 1909) e do Institut Jean-Jacques Rousseau de Xenebra (1912-1922), fundou a Oficina Internacional das Escolas Novas (Bureau International des Écoles Nouvelles, 1899) e, en 1900, xunto con Hermann Lietz, traballou na primeira das escolas novas de campo alemanas (Ilsenburg). En 1921 fundou a Liga Internacional da Nova Educación e dirixiu a revista Pour l’Ère Nouvelle. A súa contribución á pedagoxía está vinculada ao movemento da escola nova e un dos seus obxectivos era transformar e renovar a escola tradicional. A escola nova baséase no respecto aos intereses e necesidades do neno, na utilización de métodos activos, no desenvolvemento da autonomía do neno, no espírito crítico e na cooperación. O fin último da educación é axudar ao neno ao seu desenvolvemento e ao das súas potencialidades. Cómpre destacar as súas obras l’École active (1920) e l’Autonomie des écoliers (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao material xeolóxico, como mineral ou roca, que presenta na súa composición ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ferrimagnetismo.

    2. Aplícase á substancia que presenta ferrimagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno intermedio entre o ferromagnetismo e o antiferromagnetismo que se presenta nas substancias que conteñen ferro trivalente (Fe3+) e outro metal divalente (como Fe2+, Ni2+ ou Mn2+), como é o caso das ferritas. Desaparecen ao alcanzar unha temperatura determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, dúas torres de ouro, superadas de cadansúa fouce de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de percusión formado por un triángulo metálico que soa ao golpealo cunha variña igualmente metálica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia ferromagnética de estrutura cristalina composta por óxidos de ferro e outro metal divalente, de fórmula xeral Fe 2 O 3 XO, onde X pode ser Ni, Co ou Fe. Presenta unha permeabilidade e unha resistencia eléctrica moi elevadas e un ciclo de histérese case rectangular. Emprégase en núcleos magnéticos.

    2. Disolución sólida intersticial de carbono en ferro α, con contido máximo en carbono de 0,02%, de estrutura cúbica centrada no corpo. É estable ata temperaturas que dependen da súa composición. É o constituínte máis brando do aceiro, con 90° de dureza Brinell, dúctil, maleable, magnético e de pequena forza coercitiva. Á temperatura de 721°C ten disolto un máximo de 0,035% de carbono, e a 25°C, un mínimo de 0,008%.

    3. Tipo de serpentina cun contido moi grande de FeO.

    VER O DETALLE DO TERMO